jueves, 30 de abril de 2009

Premio



Por fin o meu blogue conqueriu un premio. Un deses que de vez en cando alguen che da e pasas media tarde facendo as tarefas que che mandan. Por fin, chegou o primeiro, i espero que non sexa o último (ja,ja esto digo con certo "recochineo").


E a quen lle teño que dar as miñas gracias mais sinceiras: a Carlos Sousa. Reputado comentarista e acompañante da blogosfera que todos coñecedes ben. Vindo del este premio para min xa ten a consideración dun Pullitzer.


En fin, como ben dice Carlos no seu blogue, dende Areas cara a Ponte, teño que facer unha chea de cousas para ser digno portador deste premio, a saber:





  • Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
  • Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
  • Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
  • Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
  • Publicar as regras.
  • Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.


Asi que vamos por orden: a imaxe, publicada; o nome do meu benefactor, publicado; as regras, publicadas. E blogues propostos por min e merecentes dun premio destas características, aos cales lles comunico a boa nova e mais hei de comprobar si cumpren as regras:


  • Chousa da Alcandra, que a imaxe do premio vaille a xogo co deseño do seu blogue
  • Artabria, que ultimamente deambula bastante
  • Mer, que deu coa clave da pandemia do século: é unha gripe.
  • Cuspedepita, pola boa sintonia e compenetración entre Galicia e Arxentina.
  • Avelaiña, que me gustan moito as suas historias.


..... e xa me cansei, raio. Que xa non debe quedar ninguén que non teña este premio.


Así que o resto de agraciados serán aqueles que non o teñan e lles apeteza telo. Deixádeme un comentario si o queredes, que non sabedes o que vos perdedes.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro que recollo con gusto o testigo, graciñas! iso si, non creo que cumpra tódalas regras... je,je,je. un saúdo, Barreira! e parabéns para o teu neno.

Chousa da Alcandra dijo...

Moito obrigado pola concesión/outorgamento.

Pero ben sabes que eu as medallas gárdoas todas nun caixón da mesa para lucilas solamente co uniforme de gala.

Apertas

Carlos Sousa dijo...

Moi ben currado o chollo, causoume graza o de "reputado comentarista" e o do "Pulitzer", moi bo detalle, jeje.

Estou contigo, o que non o teña, que o solicite que non sabe o que se perde.

Deambulando con Artabria dijo...

Moitas grazas polo premio. Agradecese. Un biquiño.

Cuspedepita dijo...

Eiiiii! Moitas grazas polo premio, que recibimos por partida dobre.

En canto poida subireino. Ando con pouco tempo estes días.

Apertas

LM dijo...

merecido. mui merecido. parabéns.
beijos