lunes, 20 de abril de 2009

Cadeas



Os eslabóns dunha cadea, entrelazados uns con outros, unen as suas forzas de xeito que o resultado final é maior que a resistencia da suma de todos eles.


Por tanto o emprego de cadeas é moi util para aproveitar os efectos multiplicadores do seu uso. Cadeas de producción multiplican os productos que de alí saen. Cadeas de montaxe permiten ensamblar pezas a velocidade de vértigo. Cadeas humanas permiten realizar tarefas precisas que apuran o desenlace das mesmas dun xeito organizado.


Pero tamén se empregan para pechar cousas que non se queren volver a abrir. Na cadea pechamos a xente durante un periodo de tempo largo que non queremos que saia. Con cadeas reforzamos unha pechadura para que non sexa aberta.


E romper estas cadeas faise moi complicado. Precisanse unhas tenazas e moita forza para abrir aquelo que se quere pechar. Quitar un deses eslabóns implica romper a cadea, implica abrir o que esta pechado, implica maior axilidade mental e maior marxe de maniobra, implica acadar a liberdade.


Entón ¿para que se queren as cadeas?.


Foto: Rompe as cadeas, se podes

5 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

Porque a veces eso que está prohibido é o que precisamente nos chama a atención e temos ganas de romper as cadeas sexa como sexa.

Xan dijo...

O eslabón mais debil é determinante na resistencia da cadea.
Moitas veces unhas cadeas son sustituidas por outras

Cuspedepita dijo...

Pero tamén hai cadeas positivas, cadeas para evitar que alguén caia ao vacío, cadeas para facer entre todos algo bo con maior rapidez e axilidade, cadeas de amor, invisibles, cadeas para evitar que os coches derrapen na neve, cadeas de sangue que nos xuntan cos nosos familiares...cadeas de agarimo que nos unen aos nosos amigos.
Todo ten a súa cara e a súa cruz. Unhas cadeas unen, pero outras atan.
Apertas

Chousa da Alcandra dijo...

Todo che está cheiño de dualidades. Lado positivo e negativo. O ying e o yang.
O que sirve para manternos aferrados á vida tamén pode trocarse en unha atadura que nos impide a liberdade...
Pufff, despois de cear non é bo facer estas reflexións.

Cando dixeches que volvía ser feira en Castro????

Carlos Sousa dijo...

Menudo xogo de palabras. O que está claro que as cadeas fan falta, tanto sexan boas como malas.

As ataduras, as xustas, pero se non tivésemos ningunha, pobre nosa, menuda vida. Por outra banda que bonito é liberarse dunha atadura molesta.

Unha aperta