jueves 12 de noviembre de 2009

Aniversario

Tal dia coma hoxe de hai un ano comenzou este recunchiño a dicir cousas, sen guión pero con emoción. Todo o que sentia fíxose eco entre todos vós, e todos vós replicastes o que sentiades.
Logo partin a outros lugares virtuais, a navegar polos ceros e uns, para chegar ás vosas entrañas, aos vosos corazóns, e pronto nos chegamos a coñecer, ainda que solo fora un pouquiño, que é como sempre se coñecen ás persoas: un pouquiño.
I é que detras de toda esta parafernalia atopámonos unha chea de persoas, que si non fora pola tecnoloxía igual nunca nos encontraríamos coa profundidade con que o facemos a cotío.
Por elo hoxe estou de celebración. E como non podía ser doutro xeito, espero celebrar moitos aniversarios mais. ¿Unídesvos á miña festa?

viernes 23 de octubre de 2009

Xustiza de risa

Somos capaces de coñecer a idade dunha alimaña fosilizada (que non fala) de centos e miles de anos. Con unha análise de ADN podemos distinguir a calquera persoa de entre todos os seus semellantes. Coñecemos o xenoma ao dedillo, ata o punto de crear un ser idéntico a outro.
E con todo isto non somos capaces de saber a idade dun mozo de 17 anos (ou de 19), que aínda está vivo, e que de momento fala.
Todo isto non deixaría de ser unha mera situación curiosa que nos permitiría rirnos do sistema xudicial que nos tutela.
Pero cando por este despropósito uns mariñeiros están secuestrados un dia mais e as súas familias non saben case nada de como se atopan, entón é cando un se cabrea.
Mentres os peritos analizadores de dentes cambian de opinión diariamente, e os xuíces pásanse a pataca coma se lles fora estourar nas mans, estamos a por en risco a vida dos nosos conviciños.
I eu digo: ¿si non se da sabido a idade do pirata polos dentes, non será mellor partirllos e que el mesmo diga a idade que ten? (método tradicional). I é que este método ás veces funciona e con un 100% de probabilidades de éxito.
Que alguén pense dunha vez nos secuestrados do Alakrana.
Foto: Atuneiro á deriva

viernes 16 de octubre de 2009

Crise

Eu, que tendo a ser mais materialista que espiritual, sempre crin que o problema que estamos a padecer era debido a unha crise económica sen precedentes, fronte os que argumentaban que o que estamos a vivir é debido a unha crise de valores.


Pois ben!!!. Acábanme de convencer os segundos, despois de ver os motivos polos que pechan os negocios. Este é o cartel que aparece na porta do que antes era unha cafeteria.


Pero este non é o único, pois xusto ao lado aparece este outro,



Crise de valores en toda regla, que levou a engrosar a lista de parados a todos os empregados desta empresa.

E para colmo de males hai quen é o demo e escribe coma o demo.

P.D.: Tomo nota do tirón de orellas de Zeltia, que xa me dixo que ia sendo horas de actualizar o blogue.

lunes 21 de septiembre de 2009

Marionetas

Todo periodista aspira a ser independente. Toda información debe darse coa maior obxetividade posible, minimizando os sesgos.

Mais resulta que a información é poder, polo que convértese nunha meta manipular a información de xeito que se plasme como un desexa. E para iso empréganse periodistas e empresas de comunicación.


Liña editorial se lle chama ao don de aplicar un sesgo cara un determinado lado, impedindo que a información chegue a nós con obxetividade e impedindo aos periodistas dicir o que pensan de verdade. Igualiño que marionetas movidas con fios.

domingo 13 de septiembre de 2009

Nota informativa

Hai anuncios que son claros e concisos, pero hai outros ambiguos e enmarañados. E o que para uns pode ser claro para outros pode estar enrevesado. A min, visto o cartel, non me queda claro a partir de que dia non podo facer ruidos excesivos.
Posted by Picasa

lunes 24 de agosto de 2009

Formas


Moitas veces damos mais importancia á forma que ao fondo. Sempre compre facer as cousas según o xeito que establece non sei que "cánones". Hai que marcar estilo, se saber definilo, ou definirse.

E ao fondo non se lle adica nin a mais mínima reflexión, sempre que as formas sexan as que se acostuma.


Vista a forma da foto eu considérome un homosexual. Mais se nos fixásemos no fondo o que son é un larpeiro.
¡Que bos están os tomates da horta de meu pai!.

miércoles 5 de agosto de 2009

X Tantos



Eu son partidario de marcar a X na renda para a igrexa católica, apostólica e romana.


E porqué?, preguntarédesvos. Pois porque o IRPF é un imposto directo, e os fieis seguidores da igrexa de Cristo estarán purificando a sua ialma proporcionalmente aos ingresos obtidos nesta estadía terrenal.


Estaremos aportando ao plan de pensións da eternidade con cómodas cuotas que nos permitan chegar a fin de mes, e sin un mes non é posible aportar, que Deus nos perdoe.


Todo isto vai en contraposición co imposto indirecto que supón o pago de responsos e misas, así como outro tipo de actos litúrxicos. Estes impostos non dependen da renda de cada un, polo que págano en igual cuantía pobres e ricos. Igualiño que o IVE.


Cando nos "aconsellan" traer a sete ou oito curas para cantarnos pregarias e rogos cando facemos a viaxe para o mais alá, dise que é para ir ao ceo, de xeito que cantos mais curas haxa con maior brancura chegaremos ao carón de noso Señor. Eu non sei se con maior brancura, pero o que si sei é que se chega antes porque un bota á correr para alonxar os tímpanos espirituais desas voces "aterciopeladas" canto antes. E cuns poucos euros menos no peto, tantos como un número múltiplo das voces que nos empurran cara o ceo.


¿E que pasa con aqueles cuxas familias non poden pagar ese imposto indirecto?. ¿Convertirase a súa viaxe nun camiño de espiños en vez de pétalos de rosa?. ¿E si ainda por enriba non marcaron a X na renda?. Pois que o Banco da Eternidade non lles ha de prestar nin un peso.


Filliños, marcade con unha X a casilla da Igrexa, xa que ao igual que ocorre coa Facenda Pública, Igrexa somos todos, pero uns mais que outros.

Foto: ¿A cruz de Cristo ou a X da renda?