viernes, 23 de octubre de 2009

Xustiza de risa

Somos capaces de coñecer a idade dunha alimaña fosilizada (que non fala) de centos e miles de anos. Con unha análise de ADN podemos distinguir a calquera persoa de entre todos os seus semellantes. Coñecemos o xenoma ao dedillo, ata o punto de crear un ser idéntico a outro.
E con todo isto non somos capaces de saber a idade dun mozo de 17 anos (ou de 19), que aínda está vivo, e que de momento fala.
Todo isto non deixaría de ser unha mera situación curiosa que nos permitiría rirnos do sistema xudicial que nos tutela.
Pero cando por este despropósito uns mariñeiros están secuestrados un dia mais e as súas familias non saben case nada de como se atopan, entón é cando un se cabrea.
Mentres os peritos analizadores de dentes cambian de opinión diariamente, e os xuíces pásanse a pataca coma se lles fora estourar nas mans, estamos a por en risco a vida dos nosos conviciños.
I eu digo: ¿si non se da sabido a idade do pirata polos dentes, non será mellor partirllos e que el mesmo diga a idade que ten? (método tradicional). I é que este método ás veces funciona e con un 100% de probabilidades de éxito.
Que alguén pense dunha vez nos secuestrados do Alakrana.
Foto: Atuneiro á deriva

viernes, 16 de octubre de 2009

Crise

Eu, que tendo a ser mais materialista que espiritual, sempre crin que o problema que estamos a padecer era debido a unha crise económica sen precedentes, fronte os que argumentaban que o que estamos a vivir é debido a unha crise de valores.


Pois ben!!!. Acábanme de convencer os segundos, despois de ver os motivos polos que pechan os negocios. Este é o cartel que aparece na porta do que antes era unha cafeteria.


Pero este non é o único, pois xusto ao lado aparece este outro,



Crise de valores en toda regla, que levou a engrosar a lista de parados a todos os empregados desta empresa.

E para colmo de males hai quen é o demo e escribe coma o demo.

P.D.: Tomo nota do tirón de orellas de Zeltia, que xa me dixo que ia sendo horas de actualizar o blogue.