miércoles, 26 de noviembre de 2008

O pracer do traballo ben feito


Ultimamente disfrutamos cada vez menos do traballo ben feito, e olvidasenos que o mesmo "ben parece".

Estes dias, que estiven de vacacións ao calor das illas afortunadas, coincidimos cun guia nunha excursión, que é o exemplo de como se disfruta do traballo ben feito.

O home, chamado Rafa, entrañable canario, e simpático coma él solo, ademais de intelixente e bon comunicador, é o reflexo de como me fixo disfrutar a min e coido que a todos os que álí estabamos durante todo un dia.

A sua profesión recoñecida é a de medico naturista, con un coñecemento da flora da illa moi profundo. Contounos mil e unha historias das plantas que viamos. E un autodidacta da xeoloxía, da socioloxia, da antropoloxía, e de todos os aspectos que a él o atraen: as Illas Canarias. E claro, todo elo fai que sexa unha fonte de sabedoría, o cal unido a sua facilidade para transmitir o que sabe fan dunha conversa con él todo un privilexio do que eu me sentin afortunado, por suposto.

E toda esa inmensa tarefa, ese aprendizaxe, esa fonte de coñecementos que este home atesoura, e a sua transmisión a todos os que teñen a sorte de compartir unhas palabras con él, gustalle enormemente polo que cada vez que comparte con alguen todo o que sabe, ten mais claro que debe seguir profundizando en todo o que a él lle gusta porque sabe que é capaz de conseguir que a xente disfrute con él. É un claro exemplo do traballo ben feito, do gusto que da facelo ben, e da cantidade de cousas "gratuítas" que é capaz de facer un traballador a gusto co seu traballo para a empresa na que se atopa.
Aspectos todos estos que cada vez se lles olvidan a moitos empresarios, primando as ganancias rápidas, que lles permiten sair moi ben na foto, pero que á larga implican situacións de incomodidade para case todos, incluídos eses mesmos empresarios.

E para mostra a crisis que estamos a vivir, resultado de decisións de moitos empresarios e directivos sesudos, encamiñadas a conseguir beneficios a curto prazo, encargando aos seus traballadores tarefas sen sentido que non entenden, pero que fan con un total descontento e que nos levaron a onde chegamos. E o que nos queda.


sábado, 15 de noviembre de 2008

As Cores do Outono


Din que a primaveira enche de vida o noso arredor, de cores vivas que atraen as nosas miradas e que nos alteran o sangue (a os alerxicos seguro que lles altera algo mais). Auga e calor únense para darnos todas esas pequenas cousas que existen a moreas ao noso carón e que moitas veces deixamos pasar inadvertidas porque non esta socialmente permitido que nos paremos a admirar todo o que nos rodea.


Quero neste recuncho rendir un tributo ao OUTONO, moitas veces esquencido, onde parece que languidece todo, que a morte se filtrea entre os vivos, e que invita á relaxación e o sosego cun amplo abanico de cores tonos pastel.


Cando todos poidamos disfrutar dos pequenos grandes momentos que nos da o mundo, a moreas, e a toda-las horas seguro que a crise atroz que estamos a padecer sería un mal menor, xa que a crise non sería tan atroz. I é que sabemos que canto mais arriba subimos de mais alto caemos.



Foto: Alameda de Santiago un dia de outono.



miércoles, 12 de noviembre de 2008

Nacemento dun novo blogueiro


Case todos temos oido falar dun "blog" pero poucos saben o que é de verdade, e menos ainda son os que se poden chamar "blogueiros".


Foi un bon amigo o que me introduciu neste mundiño. Dixome cal era o seu blog e pediume que o visitara. Animoume a crear un. E explicoume como facelo. "De enchelo xa te tes que encargar ti", me dixo.....Supoño que case todo o mundo empeza asi.

"Unha forma de vivir no ciberespacio" o definiria eu. Onde calquera pode expresar libremente os seus coñecementos, as suas vivencias, os seus sentimentos, e onde dices cousas que nunca dirias en persoa ao teu veciño ou amigo. Onde todo o mundo te pode ver e se pode interrelacionar contigo. Un concepto que abrangue tantas cousas que case da medo.


Tardar tardei, pero aqui estamos, empezando. Non tiña pensado empezalo asi pero un dia tiña que ser i elexin o dia 11 do once, por algo moi especial que mo vou reservar.


Espero que este recuncho sea do agrado de todos os que queiran. "A miña casa e a vosa casa".


Safe Creative #0812302314033