lunes, 27 de abril de 2009

Que nos depara o futuro?


O coñecemento do futuro en xeral, e do noso en particular, sempre é algo que esperta en nós grande interese, e ata pagamos porque alguén nolo diga. De ahí que moitos persoas se adiquen profesionalmente a iso. E digo profesionalmente porque o que sí fan é gañar diñeiro decíndonos o que nos vai pasar no futuro.


Todos temos gran interés. Pero cando falamos de cando imos morrer as cousas cambian. Ante a fecha da nosa morte, si é que alguen a sabe, tapamos os oidos. I e que vivir sabendo cando imos morrer cambiaría os nosos actos dun xeito radical.


Pero si hai alguén que teña interés en saber a fecha da sua morte aquí vos mostro o "Test da Morte", sitio web que contestando a unhas sinxelas preguntas vos dirá canto vos queda de vida, ou o que é o mesmo, que día ides a morrer.


Non deixa de ser un sitio web curioso, pero hei de admitir que a miña curiosidade está a loitar co feito de non querer saber a fecha da miña morte. Polo tanto ainda non fixen o test, pero ao mellor un dia destes igual o fago. A ver si alguén se atreve.

8 comentarios:

Artabria dijo...

prefiro seguir coa incertidume, jejeje

Markesa Merteuil dijo...

Eu penso que xa o fixen hai tempo, pero nin lembro sequera os resultados, pero penso que o fixen varios días seguidos e que os resultados eran sempre diferentes, como non podía ser doutro xeito dado que se trata dunha engañifa. Cando se fai un test destos é por ver a capacidade de engano da que algúns presumen e a capacidade de ser toleados os que toman en serio semellantes cousas.

E que nos depara o futuro? Pois a morte, claro está. Antes ou temprano vennos ver a todos.

Bicos.

avelaíña dijo...

Isto é coma o negocio dos videntes. Un fraude. Iso sí, se as preguntas dese test son do tipo: ¿Bebe moito? ¿Come moito? ¿Fuma? ¿Consume algún tipo de sustancia adictiva? ¿Fai exercicio? ... nese caso, non fará falla ser un visionario para saber máis ou menos como se acabará... jeje
un saudo!

Carlos Sousa dijo...

Eu hei de facelo, por curiosidade, como non creo nesas pantochadas todas non hai problema. Ó final iso sábese sempre despóis de morrer, cando din, "chegara a sús hora". O importante é non ter presa en que iso chegue.

Por outra banda, deixenche un agasallo no meu blog, se queres ven buscalo.

Un saúdo.

LM dijo...

a hora pode ser calquera que isto vai pela leva e nom pela toca... assim que a disfrutar que afinal som dois dias

Zeltia dijo...

e despois, vas e atragántaste con oso de oliva e a tomapolocú todas as previsións!

:-)

Chousa da Alcandra dijo...

Boh, fixen o chisme para que ao final me pregunten o número do móbil. Total seguro que querían enviarme publicidade que, ainda por riba, tería que pagar eu...mentras siga vivo!!!.

Case mellor paso do asunto e sigo co meu nicho agardándome no Campo das Antas (Así se chama o cementerio de Antas, incluso antes de terse construido alí o camposanto. Qué curioso!)

LOLI dijo...

dejalo como está el futuro es muy oscuro, que decía una señora mayor cada vez que jugabamos al parchis y me comía una ficha.