martes, 5 de mayo de 2009

Os corsarios da SGAE

A piratería quedalles pequena a esta panda de gandules. Eu non teño palabras para calificar a forma de proceder desta xente. E non me creo nada que velen polos intereses dos autores porque os autores seguro que non aceptan estas prácticas.

O pequeno Juanma é un cativiño que padece o sindrome de Alexandre, unha doenza rara pola cal o neno quedará tetrapléxico, sordo e cego. O pequeno necesita duns medicamentos que se están a desenrolar en EE.UU para que a sua vida sexa a normal de calquer pequeno. E para elo necesitanse coma sempre, cartos. Moitos cartos.

Os pais de Juanma están a facer todo o que poden e estan a chamar a moitas portas para recadar o importe necesario. Unha desas portas foi a de David Bisbal, o cal tras escoitar o que move a eses pais, decide facer un concerto cuxa recadación irá destinada a financiar parte dos fondos necesarios para esa medicación.

Pois ben, solo á SGAE se lle pode pasar pola cabeza esixir o 10% da recadación en concepto de dereitos de autor, fixeronlle firmar uns documentos a eses pais onde se comprometían a pagar 5.000 euros á SGAE.

A nova chega a coñecemento dos medios. E publican a nova en xeito de denuncia, de forma que a esta hora, ante a revolta montada, decidiron ceder o importe que reclamaron anteriormente.

Eu, repito, non teño palabras para calificar esta forma de proceder, pero tampouco me extraña moito vindo de quen ven.


E aqui poño o enlace da paxina de web que canaliza as axudas a Juanma: http://www.ayudajuanma.es/

9 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Isto xa é o colmo. Que un cantante como Bisbal (que por certo non me cae nada ben) se preste a tocar gratis para a causa, e despóis eses energúmenos se cobren un dez por cen, non me ten pes nin cabeza. E claro, rectifican cando sae o caso na prensa, hai que ter vergoña. Cantas terán feito.

SGAE: Sociedad de gandules, atracadores e estafadores. Canto conto teñan.

Que teña sorte o rapaz.

Barreira dijo...

As siglas veñenlles ao pelo, jajaja. Ti deches no clavo, Carlos. Como o tema saiu á luz pública por iso se retractan. Senon xa che digo eu que co 10% se quedaban. E deixan morrer ao rapaz porque lles da igual.
Cada vez que penso nesto poñenseme os pelos de punta. Quero dicir tantas cousas que xa non sei por onde empezar.
Polo tanto, o verdadeiramente importante é o cativo. Espero que esa medicación lle chegue canto antes e poda disfrutar da sua infancia e da sua vida como o facemos todos nós, incluídos os da SGAE.
Saudos

HADEX dijo...

Eu tamén pensei en escribir sobre esto hoxe....Ademais de sufrilos persoalmente (nun pub, pequeno, cobran 120 euros ao mes), me gustaría que alguén investigase a fondo a estos elementos: Ti cres que se tiveran toda a razón se ían retractar???? Eu teño as miñas dudas. Son unha mafia con todas as letras.

Bicossss

Barreira dijo...

Hadex. Posto que son impostos e que eses fondos están amparados pola lei, estaría ben saber a onde se destinan eses fondos e como. E seguro que si algo así pasara, acabaríase a mangancha desta xentuza.
Saudos

Deambulando con Artabria dijo...

Se se puxeran a traballar dunha vez e non vivir do conto........

gustame o da sociedade de gandules, apuntomo!!

Chousa da Alcandra dijo...

A este paso vas a convertirte no azoute da Sociedade de Gandules jajaja.

O certo é que a mi, como a Hadex, tamén me xurdira inspiración para un post cando vin esta noticia. Demencial.

Barreira dijo...

Artabria. Si se puxeran a traballar entón a SGAE xa non tiña razón de ser.
Chousa. O azoute da SGAE é a propia SGAE, que non fan cousa con xeito. Si non hai quen fale ben deles, excluíndo a Ramoncín, claro.

Ninsesabe dijo...

Eu teño moita música comprada e outra moita baixada de internet. Pero dende fai un tempo baixo toda canta podo, aínda que non a vaia a escoitar na vida.
Só por joder.
¡Panda de maleantes!

LM dijo...

isto é uma vergonha.
beijos