jueves, 25 de junio de 2009

Normas

Precisamos normas para poder convivir dun xeito ordeado. Para que todos saibamos o que temos que facer en cada momento, e ainda que nos parezan, ás veces, obvias, compre telas sempre en tempo e forma á nosa disposición.


As normas nacen coa promulgación, crecen enriquecéndose (con novas aportacions, con debates políticos ou técnicos), reprodúcense coa xurisprudencia e outras fontes de interpretación, e morren coas derogacións.


E sempre ha de haber uns controladores de que as normas pasen por todas estas fases naturais e que velen pola sua aplicación que, xunto con un réxime sancionador, aseguren o seu cumplimento por todos nós. E consigamos vivir todos dun xeito non anárquico. Parece un proceso lóxico.


Pero claro, cando quen ten que controlar que o fin sexa o cumplimento das normas contando con sancions como medio, se adica a colocar como fin a proposición de sacións empregando como medio, ou como excusa, o cumprimento das normas, entón complicase todo.


E complícase tanto que nin cumpren as normas os controladores nin os controlados. Vivimos todos un pasiño mais cerca da anarquía.


Foto: Penedo penado

jueves, 4 de junio de 2009

Leña

A moitos nos gusta facer leña da árbore caída, porque é moi fácil. Non fai falla tirala ao chan, paso previo para facer pitelas dunha árbore. A ninguén se nos escapa que ademais tirar unha árbore rexa e forte, aparte de dar que facer, é perigoso, xa que nos pode caer enriba con consecuencias tráxicas.



Por iso buscamos arbores que xa están no chan e logramos o que nos propoñemos: facer leña. Sin embargo moitas veces os que conquiren facer leña da arbore caída non teñen lareira nin cociña económica. A leña convirtese nun residuo da árbore, que moitas veces estorba.



Volvemos entón a coller o camiño fácil e deixamos a leña no mesmo sitio onde un dia houbo unha arbore caída, onde un día houbo unha arbore forte e ergueita.

Foto: Árbore caida esperando ser leña