Emilio Calatayud Perez, dito así seguro que a moi poucos lles soa quen é, pero si lle engadimos que exerce como xuiz de menores en Granada entón seguro que moitos de vós xa sabedes de quen falo.
É o xuiz que dicta exemplares sentenzas cun único obxetivo: que o menor non volva a cometer ningún delito porque de verdade dase conta da gravidade do que fixo. Co único obxetivo de conquerir unha verdadeira reinserción dun menor que está en proceso de desenrolo dunha personalidade para o futuro. Como dice él "si a xustiza de menores funciona como debe, estaremos disminuíndo a xustiza de mañá".
Considera que o pilar esencial dunha sociedade é a educación das novas xeracións, e cre que educando aos nenos non será necesario castigalos de maiores. Os delitos cometidos por maiores son o resultado de malas prácticas educadoras na infancia.
Por enriba de todo isto, de que estemos dacordo cos seus pensamentos ou coas suas medidas, é un home que ve a xustiza de menores como un medio para facer ver ou facer entender. Cada caso precisa dunha sentenza única, baseada no sentido común. Non cre na xustiza que funcione coma as porcas parideiras que cando paren botan 12 ou 15 cochos uns detras doutros e todos iguais.
Como en case todo na vida, o sentido común debe ser un referente, e por desgracia cada vez empregase menos. De ahí a crise na que estamos inmersos no mundo capitalista, e dandolle pé a un réxime dictatorial como o comunismo cubano para berrar que razón tiñan. ¡Uns dictadores dándonos clases de como debe funcionar a sociedade!.
Insisto, a falla de sentido común levanos sempre a extremos, e para min os extremos nunca son bos. Á xustiza pasalle o mesmo. Temos unha xustiza vengativa, cuadriculada, na que se olvida que se está a xulgar persoas, onde a lei se convirte nun fin e olvídasenos que é un medio. Que a lei debese interpretar dentro de cada caso concreto. Por iso nos atopamos a persoas que rouban miles de millons e que estan na calle porque se pagan a sua liberdade, e a persoas que rouban unha barra de pan para poder levarse algo á boca metidos en chirona. A xustiza parece un caixeiro automático: "a sua sentenza, grazas. Caso cerrado", e pasamos páxina.
O sr. Calatayud, independentemente de que estemos dacordo con él ou non, analiza cada caso como o que é. E dicir, un rapaz que fixo algo malo, que o tivo que facer por algo, que é unha persoa que comete errores, pero que tamen os pode correxir ou sobrepoñerse a eles; e a lei é un medio para conquerir isto.
Para min é o exemplo de como deberiamos obrar todos, tendo en conta as nosas conviccións e mantendo o sentido común como referente.
O xuiz Calatayud soe rematar as suas intervencións públicas co "Decálogo para formar a un delincuente", do cal é o autor, e unha poesía de Martin Niemoeller. Eu vou a rematar este post con eles:
DECÁLOGO PARA FORMAR A UN DELINCUENTE
- Empece dende a infancia a darlle ao fillo todo o que lle pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro lle pertence.
- Non se preocupe pola sua educación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.
- Cando diga "palabrotas", riallas. Isto animarao a facer cousas cada vez mais graciosas.
- Non lle regañe nin lle diga que algo do que fai está mal. Podería crearlle complexos de culpabilidade.
- Recolla todo o que él deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes, etc. Asi acostumarase a cargar a responsabilidade sobre os demais.
- Deixelle ler todo o que caia nas suas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estén esterilizados, pero non de que a sua mente se encha de porcallada.
- Reña a miudo co seu conxuxe en presencia do seu fillo. Así a él non lle doerá demasiado o dia en que a familia, quizais pola sua propia conducta, quede destrozada para sempre.
- Delle todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia a sospeitar que para dispoñer do mesmo é necesario traballar.
- Satisfaga todo-los seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e maila austeridade poderían producirlle frustracións
- Poñase da sua parte en calquer conflicto que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuizos contra seu fillo e que de verdade queren fastidialo.
POESÍA DE MARTIN NIEMOELLER, pastor protestante alemán.
"Cando os nazis viñeron a buscar aos comunistas, gardei silencio, porque eu non era comunista.
Cando encarcelaron aos socialdemócratas, gardei silencio, porque eu non era socialdemócrata.
Cando viñeron a buscar aos sindicalistas, non protestei, porque eu non era sindicalista.
Cando viñeron a buscar aos xudeus, non protestei, porque eu non era xudeu.
Cando viñeron a buscarme a mín, non había ninguén mais que puidera protestar."
10 comentarios:
Realmente o mundo sería mellor se houbera máis persoas, autoridades coma este xuíz. ¿Coñeces o vídeo, Unha lección maxistral? Pódelo atopar no Youtube.
Un verdadeiro exemplo de que, nada máis e nada menos, aplicando a Lei con sentido común; pódense acadar resultados socialmente válidos. Esa Lei que teñen que aplicar todos os xuices, como é que non todos son capaces de saber ler a letra e maila música?
E para aqueles que pensen que a educación só é cousa das escolas, hai que reparar en que todo o tempo se dirixe aos pais, non aos mestres. Se os pais non educan na casa, na escola pouco se pode facer, e menos se os pais están enfronte e non ao lado do mestre, como pasa tantas veces.
Nestes tempos todo se complica un pouco. Que si as leis están anticuadas, que si hai que poñer castigos máis severos, etc. Supoño que a solución será a de actuar según cada caso, pero a presión externa tamén xoga moito. Non sei.
E canta razón ten este decálogo. Ese é o problema máis grande, a educación na casa é importantísima e non sempre é a correcta.
Un saúdo.
Pero tamén está claro que se este home chega a rexir os destiños da xusticia neste país, atoparíase cun muro de calamidades que afogaría de súpeto con tanta mediocridade.
A min gústame a súa filosofía pero cada vez que leo ese decálogo non podo deixar de sentirme culpable :-(
Boísimo todo. O decálogo, había que pegalo por ahí adiante. Boas festas
Iste domingo imos xantar xuntos, ou non?
Mais che vale, porque xa sabes como e a tua tia... jajajaja
Que non se che ocurra faltar!!!
Un xuiz atípico, pero tamén un exemplo no que mirarse e aprender.
Todo o aparello xudicial está para darlle a volta co de dentro para fora. Se agora que van as sentencias coma longanizas está todo atascado... en fin, a xustiza non parece que teña moito que ver coa ley. as leys son un marco legal o cercado do prado, pero despois, dentro, debería andar polo miudo. Pero ás veces todo o proceso parece un chiste, (negro).
A algúns xuices tamen lle locen as pérolas que sacan a relocir! (hainas a moreas)
En fin, non estou de acordo con algunhas das túas reflexións, pero concordo moitísimo con que a través da educación (mira que non digo "ensino" ;-) ) é como se poden formar as persoas para non se convertiren en delincuentes.
(aínda que penso que hai outros factores que non son só a educación)
menos mal que ainda queda algum assim!
tenho um amigo que quando chega o dia das tutorias vem para casa feito um basilisco e nom por culpa dos rapaces senom dos pais que som pior do que eles
beijos
Publicar un comentario