lunes, 13 de abril de 2009

Berlusconi



Teño tantas cousas que dicir deste home que xa non sei por onde empezar. O verdadeiro terremoto que ten Italia, con perdón, é este home á fronte do seu governo.


E precisamente, a raiz do terrible terremoto que sufriron os habitantes de L'aquila, aparece o cinismo deste home que non ten límites.


Fora mellor que non se presentara na zona do seismo, porque as suas palabras foron certamente desafortunadas. Solo a un home da sua clase se lle ocurre dicir á xente que ve como toda unha vida se ve reducida a unha morea de escombros que se tomen eso como "si estiveran un dia de camping". Como se lle nota que non foi a sua casa a que desapareceu.


Debeu ser que lle resultaba moi caro enviar a todos os damnificados a hoteis da costa para ir á praia, como xa apuntara, e decidiu facer da zoa cero un camping.


Ou ante o ofrecemento da comunidade internacional de axuda de medios técnicos ou económicos para facer que o trance dure o menos posible, a sua resposta non podia ser outra que non. "Somos un país rico e non nos fai falta axuda de ninguen". En todo caso, para arranxar as igrexas, dixo.


Pois as igrexas que as arranxe o Vaticano. O primeiro é levantar as casas de todos os que estan de camping para que poidan rematar as vacacións forzosas ás que se viron sometidos polo seu presidente.

Foto: Camping a la italiana

5 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Eu quedei verdadeiramente asustado cando me enterei desas burradas que dixo. Estiven a punto de poñer un post criticando a súa opinión, opinión, por chamarlle algo.

Xa non sei se a ese tío non lle regula ben a chapleta, ou é cínico e cruel por natureza. Igual pensaba que estaba nun reality da súa Tele 5.

Espero que isto lle pase factura. É o mínimo que cabería esperar.

Un saúdo.

Barreira dijo...

Carlos. O problema é que non se trata so disto. As saidas de tono, por chamarlles algo, deste home son unha tónica habitual.
A factura xa hai tempo que se lle tiña que haber pasado.
Nin os italianos nin os europeos (nin niguén) se merecen un "lider" con este perfil.
Saudos.

Artabria dijo...

O do camping foi moi forte, tiña que deixar el a sua mansión e irse a durmir a unha tenda de campaña........

HADEX dijo...

Buf é que eu non podo nin pensar en este tipo. E o que me preocupa seriamente é que ninguén lle para os pés. É xenófobo e reaccionario..

Vamos lo peor de lo peor....

Merce dijo...

Ahí esta una pequena gran demostracion de que moitos dos que gobernan estan tolos, que non estaria demais un examen psiquiatrico para desbancalos do poder, e quitarlles das mans o futuro dun pais que realmente nin lles importa. Non solo e Berlusconi, hay tantos...

Cando queiras, quedas co teu primo ou mesmo mo dis a min e quedamos a tomar algo. O dia da comida fixose cortiña a sobremesa.

Bicos