lunes, 23 de noviembre de 2009

Cuestión de tamaño

Hoxe vin unha nova que chamou poderosamente a miña atención e que vos paso a relatar. A NSA (Axencia de Seguridade Nacional de EE.UU), algo así como o CNI español, planea contruir un enorme centro de procesamento para almacenaren os datos das suas investigacións i espionaxe de telecomicacións. Ese centro tería unha capacidade, nada mais e nada menos, que de un Yottabyte.
¿E que carallo é un yottabyte?. Fácil; un yottabyte é igual a 1024 zettabytes; un zettabyte é igual a 1024 exabytes; e un exabyte é igual a 1024 pettabytes; un pettabyte é igual a 1024 terabytes (esto xa me soa algo); e seguro que todos sabedes que un terabyte é igual a 1024 gigabytes. E dicir, un yottabyte equivale a 1.000.000.000.000.000 GB (ainda que me de vergoña dicilo, prometo que non son capaz de pronunciar de viva voz esta cifra).

Mirade o astronómico deste cifra que todos os discos duros de todos os ordenadores domésticos do mundo non chegarían, todos xuntos, a unha capacidade de 1 zettabyte.

Imaxinade un mundo no que todas as conversacións a través dun movil do mundo poideran ser almacenadas e ainda sobrara sitio para gardar fotografias por satélite de cada un dos nosos movementos.

Visto así casi da gañas de botarse a temblar, pero non me neguedes que non se trata dunha forma de colonialismo ben moderna. Para que logo digan que o tamaño non importa.
Foto: ¿Cantas pombas farían falla para transmitir un yottabyte de datos?

jueves, 12 de noviembre de 2009

Aniversario

Tal dia coma hoxe de hai un ano comenzou este recunchiño a dicir cousas, sen guión pero con emoción. Todo o que sentia fíxose eco entre todos vós, e todos vós replicastes o que sentiades.
Logo partin a outros lugares virtuais, a navegar polos ceros e uns, para chegar ás vosas entrañas, aos vosos corazóns, e pronto nos chegamos a coñecer, ainda que solo fora un pouquiño, que é como sempre se coñecen ás persoas: un pouquiño.
I é que detras de toda esta parafernalia atopámonos unha chea de persoas, que si non fora pola tecnoloxía igual nunca nos encontraríamos coa profundidade con que o facemos a cotío.
Por elo hoxe estou de celebración. E como non podía ser doutro xeito, espero celebrar moitos aniversarios mais. ¿Unídesvos á miña festa?