lunes, 24 de agosto de 2009

Formas


Moitas veces damos mais importancia á forma que ao fondo. Sempre compre facer as cousas según o xeito que establece non sei que "cánones". Hai que marcar estilo, se saber definilo, ou definirse.

E ao fondo non se lle adica nin a mais mínima reflexión, sempre que as formas sexan as que se acostuma.


Vista a forma da foto eu considérome un homosexual. Mais se nos fixásemos no fondo o que son é un larpeiro.
¡Que bos están os tomates da horta de meu pai!.

miércoles, 5 de agosto de 2009

X Tantos



Eu son partidario de marcar a X na renda para a igrexa católica, apostólica e romana.


E porqué?, preguntarédesvos. Pois porque o IRPF é un imposto directo, e os fieis seguidores da igrexa de Cristo estarán purificando a sua ialma proporcionalmente aos ingresos obtidos nesta estadía terrenal.


Estaremos aportando ao plan de pensións da eternidade con cómodas cuotas que nos permitan chegar a fin de mes, e sin un mes non é posible aportar, que Deus nos perdoe.


Todo isto vai en contraposición co imposto indirecto que supón o pago de responsos e misas, así como outro tipo de actos litúrxicos. Estes impostos non dependen da renda de cada un, polo que págano en igual cuantía pobres e ricos. Igualiño que o IVE.


Cando nos "aconsellan" traer a sete ou oito curas para cantarnos pregarias e rogos cando facemos a viaxe para o mais alá, dise que é para ir ao ceo, de xeito que cantos mais curas haxa con maior brancura chegaremos ao carón de noso Señor. Eu non sei se con maior brancura, pero o que si sei é que se chega antes porque un bota á correr para alonxar os tímpanos espirituais desas voces "aterciopeladas" canto antes. E cuns poucos euros menos no peto, tantos como un número múltiplo das voces que nos empurran cara o ceo.


¿E que pasa con aqueles cuxas familias non poden pagar ese imposto indirecto?. ¿Convertirase a súa viaxe nun camiño de espiños en vez de pétalos de rosa?. ¿E si ainda por enriba non marcaron a X na renda?. Pois que o Banco da Eternidade non lles ha de prestar nin un peso.


Filliños, marcade con unha X a casilla da Igrexa, xa que ao igual que ocorre coa Facenda Pública, Igrexa somos todos, pero uns mais que outros.

Foto: ¿A cruz de Cristo ou a X da renda?