O governo ten entre mans un ambicioso plan para facilitar un ordenador a cada cativo de educación primaria. A idea é ir acabando paulatinamente co emprego de libretas, blocs e incluso cos libros de texto, que parece ser que se van a dixitalizar para poder consultalos en liña.
Supoño que a posta en marcha e a sua efectiva implantación será costosa, tanto en recursos materiais como humanos, e suporá a implicación de moitos sectores, pero a idea é fantástica.
Conseguir que os cativos teñan como principal ferramenta de traballo un ordenador permitiralles ter acceso a unha cantidade de información enorme en tempo record. Pero non somentes se trata diso. Tratase tamén de educar aos cativos con un ordenador na man, de modo que se acostume o alumno a empregar o computador con xeito. Trátase de educar dentro de internet igual que se educa para interactuar co mundo real. Educar para viaxar polo mundo virtual.
I eso considero que é esencial para un futuro no que internet formará parte da vida cotiá como si de comer se tratara. Felicidades pola iniciativa.
Foto: Libros impresos en papel, ¿teñen os dias contados?
http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=33056
6 comentarios:
Parece unha boa idea, pero espero que non conleve a desaparición dos libros tal e como os coñecemos agora.
Supoño que será unha boa idea, pero se iso fai que desaparezan libros, libretas, etc. xa non sei se será tan boa. Ó final todo traduciríase en teclear nun ordenador, a escritura pasaría a un segundo plano. Xa de feito a escritura dos rapaces, dame pena, con tantas abreviaturas e faltas ortográficas. Isto dos sms non axuda nada a escribir ben.
Pero coido que os libros e demáis (incluída prensa escrita) non desaparecerán, polo menos nun tempo cercano.
Agora ben, os rapaces teñen que aprender o manexo nas novas tecnoloxías, pero sempre cunha boa educación. Por desgraza en internet hai moita broza, e xa sabemos, o prohibido tenta.
Un saúdo.
A idea é caralluda e acorde cos tempos que corren. Aplicala ainda costará tempo e recursos (e reciclaxes); pero os tiros van por ese cañón e non hai quen o pare.
Tamén estou convencido de que os libros en papel non van morrer. Cando a TV empezou a implantarse nos fogares tamén se dicía que mataría á radio e xa vemos que non.
Apertas Barreiriña!
A idea dende logo non e mala (haber se vendo eu algo, que xa vai sendo hora...)pero como ben apuntas ti, primeiro hai que estar preparados para ensinar con estas ferramentas, e non penso eu que levemos bo camiño, ainda queda moito que percorrer.
Se vas a ir a Ribadelago, non deixes de ir ao "Lago de los Peces", merece a pena, e tampouco de visitar o castelo de Sanabria, o museo dos xigantes e cabezudos e a zona vella.
Bicos
aaapppssss
Felicidades ao cativiño!!!
Dalle bicos da miña parte, non te esquezas.
a minha filha que tem cinco anos fala da pantalha digital como se fosse o mais normal do mundo e eu ainda sigo vendo esses trebelhos como autentica magia ;-P
beijos
Publicar un comentario