Foi un dia de primaveira, aló por terras catalanas, do ano 1957, cando vin as primeiras raiolas de sol, pasando a formar dun modo irrefutable da historia deste país.
E vaia historia, pois eu mais os outros 800.000 irmáns meus, formamos parte da vida de outras tantas familias españolas, de norte a sur, de este a oeste. Uns eran mais grandes, outros mais pequenos; uns eran mais largos, outros mais curtos, uns con mais retranca (igual que o marido de Soraya), outros mais serios; uns con mais rodaxe, outros con menos; pero todos cunha forza e cun talento fora de toda dúbida.
A nosa utilidade puxose de manifesto en que case todos os españois adultos tiveron algunha historia ou anecdota connosco, e sempre tentamos non deixar a ninguén tirado ainda que a veces non o podiamos conseguir.
Por corredoiras con miles de curvas e centos de baches, por camiños cheos de bulleiro, sempre cos mesmos zapatos, e sen decaer o noso animo e mais dos que levabamos ás costas, fomos capaces de pintar millons de sorrisos nas facianas de case todos.
Tan só quedamos 10.000 con vida e xa somos toda unha institución. Ala por onde pasamos causamos admiración, e non é para menos, porque "cincuenta e tantos" xa son moitos anos.
Sempre formaremos parte de historia de España e dos españois, i esperamos ser recordados sempre.

FDO. O SEAT 600
7 comentarios:
Quen non ten unha historia que contar dun 600. Eu coido que moi poucos.
Eu polo de pronto aprendin a conducir nun deses, alá cando tiña eu 12 anos, un amarelo que tiña meu avó (un OR-A). Tan nervioso me puxen que coa risa ata mexei por mín. O pobre coche non tiña culpa.
En fin, si tedes algunha historia que contar, facedeo. Rindamoslle a homenaxe que se merece.
Saudos a todos
Pois eu, lamentablemente, no teño ninguna historieta que contar, pero permanezo atenta para ler as vosas.
Marcaron toda unha época,eran seguros e fiables e tiñan unha línea visual inconfundible. Merecen todo o noso respeto: démosllo pois.
Meu sOGRO tiña un 600 cando ainda non sabía (él) que lle andaba facendo as beiras á filla (eu).
Cando vin o título do post, levei un medazo de moito carallo. Pensei: "hostiás, se éste xa pasa dos cincoenta...onde vou eu?". Así que ándame con tino e non me deas eses sustos que non son bos para os calcañales.
eu também nom tenho historia com um 600 mas fico fascinada pela sua historia e as voltas que dá a vida, nom? num primeiro momento foi o carro mais na moda depois foi substituido por carros enormes e que faziam de todo e agora volta-se a imitar o seu desenho simples, minimal...
beijos
Amigo Chousa. O importante non e ter cincuenta e tantos, senon poder ben con eles.
Meu pai tiña un tamen nos seus tempos mozos, cando eu ainda nin era a cabeza dun espermatozoide. El collia velocidade nas baixadas para poder subir logo as costas con certa ledicia. Pero nunha desas baixadas levantouselle o capó da maleta (que como ben sabedes levabaa adiante), pero él non desistiu, botou a cabeza pola ventanilla e seguiu para adiante; baixou a costa e logo subiu o repeito. Ao chegar á cima, parou e baixou o capó.
Facer iso hoxe é impensable.
E logo aquel que abria a porta por adiante e obrigaba ás mulleres que levaban falda a sair do coche igual que un funambulista??. Meu avó, que antes do OR-A tivo un deses, era carpinteiro, e trasladaba os mobles que facía dentro del. A carón da palanca de cambio ian os caixon da mesa de noite, e de reposa cabezas o cabeceiro do dormitorio.
Estes si que eren "utilitarios", xa que se "utilizaban" para todo.
Publicar un comentario