martes, 6 de enero de 2009

Dia de Reis

Non sei que tal se portaron os reis magos con vós. Imaxino que non vos tocou a loteria polo que seguro que algún agasaio vos deixarían, algún mimiño, algunha pizquiña de comprensión por parte de alguén.
Eu estou un pouco decepcionado posto que, como sempre á hora de comer, voltan a ensinar un dia mais a masacre que se está a cometer en Gaza e onde, coma sempre, os mais perxudicados son os cativos. Crios chorando, sangrando, aferrandose a un aloumiño de vida que lles queda, e se consiguen seguir adiante, maña será outro dia de caos, de incertidume, que ninguén entende, pero eles menos.
É incrible ver como un tenente coronel xudio explica á televisión o porque desa barbarie (en perfecto castelán posto que o falaba moi ben): "E que os terroristas escondense entre a población civil e utilizana para salvarse eles", dixo. Excusa bastante burda da reacción de Israel a un ataque terrorista.
Nosos nenos disfrutan dunha vida comoda, fronte á loteria de vivir que estan a xogar os nenos palestinos, e non a xogan porque queiran senon porque lle-lo impoñen. Un macabro sorteo onde os cativos teñen case toda-las papeletas.
Se hoxe é o dia de agasallar e pedir desexos o meu está claro: que nunca un neno volva a sufrir o sensentido dunha guerra.
Feliz dia de reis a todos.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

É ben certo o que dis. A min tamén me deixou con cara de mala ostia o comentario do militar ese. Hai que ter cara!

E, como non podía ser doutro xeito, súmome ó teu desexo.

Unha aperta grande

Artabria dijo...

Sumome ao teu desexo, todas as guerras son un sensentido, pero non creo que teñan fácil solución.

LM dijo...

o pior de todo é que o comentario do militar tem mais gente por trás...
beijos e desejos de um melhor ano 2009.

Cuspedepita dijo...

A min esta historia de que os terroristas se esconden entre a poboación civil sóame a aquel conto de fadas das armas de destrucción masiva nunca atopadas...Con esta acción o estado de Israel púxose ao mesmo nivel que aqueles a quen di intentar combatir.
Non hai excusa posible que xustique esta barbarie.