viernes, 16 de enero de 2009

Útiles de Internet


Para os que non o saiban, o dominio de internet .tk pertence a un arquipelago de illas situadas no pacifico sur, chamadas Tokelau, cunha poboación adicada sobre todo á pesca e á agricultura.


Pois ben, esta nación ofrece gratuítamente o seu dominio territorial a calquer internauta do mundo que teña xa unha paxina hospedada nalgún sitio web (por exemplo, Blogger).


Calquera pode crear, en dous sinxelos pasos, o seu dominio "www.o_que_ti_queiras.tk" de forma gratuíta, sempre e cando a dirección non a empregara ninguén. Terás asimesmo direccións de correo electrónico para o teu uso con ese dominio persoal.


Este dominio territorial de internet está xestionado por unha ONG, e os fondos recadados pola sua explotación (publicidade, donacións, rexistros de pago, etc.) destinanse ao desenvolvemento da sociedade de Tokelao, proporcionandolle ingresos á sua poboación.


Empregando un dominio .tk, aparte da utilidade para o internauta, estas contribuíndo a unha causa xusta. Podes ver o facil que é crear un dominio persoal gratuíto no link situado no lateral deste blog.


Outro tema, que a min me pareceu curioso e útil, é o dun tipo de letra para empregar nos nosos documentos que nos permite aforrar, en relación con outro tipo calquera, ata un 20% de tinta de impresora, que non é barata, por certo. É un tipo libre e gratuíto, que se pode descargar dende a sua paxina web. Para saber mais sobre este tipo de letra, ou para descargala, podes consultar este link. Aparte de aforrar diñeiro, que sempre se agradece, e non só en momentos de crise, estamos beneficiando o medio ambiente, sempre necesario.


De todos modos a mellor práctica para aforrar e coidar o medio ambiente sigue sendo o de imprimir o que sexa totalmente necesario.


Espero que vos sexan útiles a todos.
Foto: Illa de Tokelau

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Oiches, eu xa fai unha temporadiña que lin por algures que o único que se beneficia co dominio tk é un empresario neozelandés afincado por aqueles lares...
Non che sei.

Saúdos cordiais dende o meu pañuelo catarreiro.

Deambulando con Artabria dijo...

Pois é curioso o do .tk, o vira antes nalguna páxina web, como a de europa fm, pero non tiña nin idea de que procedía de ahí.

Barreira dijo...

Pois non sei, pero si o empresario cede gratuítamente o dominio, a min xa me serve. A ver que dominio é gratuíto.
Nas ONG sempre hai quen gana diñeiro, pero algo tamen chega a onde ten que chegar. En fin, que o tk podelo ter gratis.
Saudos

ML dijo...

que sexa empresario ou ong tanto me ten. eu xa teño construcions.tk para o meu blog.
e instalei a "ecofont" e será a letra que use en diante.
cando as ideas son boas non hai que facerlle...
saúdos e grazas, barreira