jueves, 22 de enero de 2009

A SGAE e o seu canón (outra vez).


Vinte dias despois de haber tocado o tema do abusivo cánon da SGAE (podes velo neste enlace), volto a retomalo xa que na edición de hoxe do diario Atlantico aparece unha entrevista co presidente da SGAE onde se toca o tema da piratería e o intercambio de arquivos a través de internet.

Moi comedido nas suas palabras, asegura que hay que tomar medidas directas e sancionar a quen cometa o delito da piratería. Moi ben, estamos dacordo nesa idea, pero claro, do cánon non dí absolutamente nada.

Tendo en conta que se cheguen a adoptar unhas medidas como as que él propón no noso país, e parece que vai ser pronto según se desprende das suas palabras, toda vez que o cánon ven a paliar os efectos negativos que a pirateria reporta á propiedade intelectual, supoño que este cánon habería que acabar con él.

Si tendo os medios para poder penalizar a quen realice copias ilegais, se sigue facendo pagar a xustos por pecadores, como está pasando actualmente, estariamos ante a tomadura de pelo do século.

Claro que a determinados "autores" ialle caer isto coma unha patada nas tablas redondas. Aqueles cuxa vena artística se atopa atrofiada pola consecución do diñeiro fácil procedente do inxusto cánon ao que nos vemos sometidos todos, que se adoptaran medidas para acabar coas prácticas ilegais que dan soporte e xustificación á sua percepción, farialles temblar as pernas coma se de varas verdes se tratara.

En fín, espero que das palabras do presidente da SGAE se desprenda unha verdadeira vocación por solventar o problema que para todos supón a piratería, incluído o cánon inxusto que eles propugnaron no seu momento.

E de novo volvo a publicar unha foto, da cal eu son autor, e coa cal podedes facer con ela o que vos plazca, e ainda que pareza incrible, GRATIS.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Solo a ti che se ocurre ir ler o Atlántico!!. Mira como te me pos despois, carallo.

(En consonancia co nome do teu blog, imos propoñerlle aos chicos da SGAE que fagan outro baixo o título de "Chupa do bote")

Unha aperta floral (que con este tempo ten mérito esas flores eh)

LM dijo...

pois porque ainda nom descubriram que o aire quando sopra se converte em música porque senom até nos cobram por respirar...
beijos

Barreira dijo...

Chousa, e que a foto esa ten truco, igual que a dos pantalons teus.
LM, non lles des ideas que xa os vexo vir, jajaja.
Saudos

LM dijo...

nom fastidies! sodes cómplices de photoshop????
beijos desconfiados