De todos é coñecido a existencia do canon dixital por copia privada, que eu considero o equivalente legal ao imposto revolucionario. Independentemente de que estemos de acordo con él ou non, de que as leis se poidan sacar adiante con un diálogo entre todas as partes implicadas ou por facerlle caso á un puñado de actores e demais integrantes "progres" do mundiño da farandula (definición de SGAE), estamos ante unha norma que ten o rango de lei e polo tanto hai que cumplir sen rechistar.
E vaia se a cumprimos, pois cada vez que mercamos unha impresora para reproducir, por exemplo, este texto que ledes pagas un cánon que vai dende os 8 aos 10 euros. Se merco unha grabadora de CD ou DVD para gardar os traballos que eu faga pago un cánon de 3,40 euros, iso sí, non sin antes pagar un canon de 0,22 euros mais polo CD que necesito para poder grabar as miñas cousas. Por unha tarxeta de memoria que eu necesito para gardar as miñas fotos que eu fago coa miña camara pago un cánon de 0,30 euros. E para poder decirlle a meu fillo que o quero cando non estou preto del teño que mercar un telefono mobil que me vai supoñer o desembolso dun cánon de 1,10 euros.
Polo tanto, e despois de pagar relixiosamente este cánon criminal e indiscriminado, sen nengún tipo de mesura nin de rigor, simplemente con un mero afán recadatorio por parte de unhas sociedades intermedias que son as que fan con estes fondos o que lles peta sen nengún tipo de control público, eu xa teño dereito a facer copias, non só das miñas obras (que xa era o que faltaba, vamos), senon tamen das obras de outros autores que eu merco pero que por problemas de soporte desexo ter noutros formatos ou por duplicado. E dicir, se non pago este canon sería un criminal, pero como o pago, posto que non me queda outro remedio, xa non o son posto que esa actividade antes criminalizada agora xa está ben vista.
E mentres eu xa poido estar tranquilo posto que non estou delinquindo, outros repartense os fondos recadados coa aportación de toda a sociedade, fondos de orixe pública, e como dixen antes, sen ningún tipo de control, cuns criterios que non son transparentes, e cunha sonrisiña na boca.
Eso si, ainda teñen os santos atributos de, coa excusa de combartir a reproducción "non autorizada" de obras das que son autores, de introducirse nunha celebración privada cunha cámara oculta para facerlle pagar outro chisquiño de cánon a un restaurante. E ademais téñenos tan grandes que son capaces de aportar ese video totalmente ilegal como proba nun xuizo.
Afortunadamente neste país temos un sistema xudicial consolidado e independente que lles para os pes a todo este grupo de buitres carroñeiros que por onde pisan non volve nace-la herba.
E mentres tanto, vos tranquilos, que como pagades xa podedes cometer un delito con total impunidade.
Disfrutade desta imaxe, se a queredes copiar, facedeo, se a queredes publicar, publicadea, se queredes empregala para enriquecervos, empregadea. E non pagedes nada nin ao seu autor nin aos autodenominados representantes dos autores de España. Bueno, a estes últimos non lles pagedes mentres poidades.
Feliz ano 2009 a todos.
http://www.todoscontraelcanon.es/
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Hace 12 horas
3 comentarios:
Que ben falas cando falas ben, cajondiola!!!.
Esto ven sendo como a "contribución" rústica (ou urbana); é dicir, pagas un tributo para poder dicir que un anaco de terra (ou de cemento revestido) é teu. Coa diferenza de que o IBI é para o Estado, que seica somos todos (...). Pero esto do cánon dixital son somente algúns.
Querido Chousa. E que cando algo cheira hai que dicilo. Ao mellor segue cheirando pero polo menos por decilo que non quede. E se decimos un fato de xente o que pensamos ao respecto igual ata para de cheirar e todo debido ao bafo de moitas gargantas abertas.
A min que o Ramoncín viva do que lle pagamos todos sen rascar bola e que me repatea. Polo menos que faga algún concerto de vez en cando ainda que sexa en playback.
Saudos.
Bueno, no meu anterior blog xa falei algunha vez da SGAE, para min non son máis que uns ladróns que queren vivir das rendas. Quen lembra máis de dúas cancións de Ramoncín?? Se tiveran éxito nas súas carreiras non andarían con estas cousas........
Publicar un comentario