Despois do encargo de LM botome mans á obra para configurar o meu primeiro meme do traste galego.
Eu que son de Carballedo podía sortear unhas landras, pero como o seu sabor soio ten gracia dentro dun porco celta, e os cocidos xa se fan ben en Lalín, eu propoño como produto de referencia unha posta de "carne ao caldeiro". Claro que quen gañe vai ter que vir á feira de Castro a comela posto que enviandoa xa non ten gracia.
Velai o premio: unha visita a Carballedo para probar no situ unha boa posta de carne ao caldeiro o dia de feira.
E quen ha de seguir co privilexio de ser "trasteador" de honra?
1. Chousa, que ten moita gaña de falarnos do pan de Antas, ou equivocome?
2.Artabria, que entre o aburrida que está e o mal que a atende o medicucho precisa un cambio de aires axiña
3.Raposo, que a min tenme pinta que de boas comidas entende un rato largo.
Comentade e entraredes no sorteo deste prestixioso premio. Por certo, con isto imos gañar un par de kiliños.
23 comentarios:
arre demo barreira!se soubese que nos ias deixar quedar tam mal ao demais nom te enviava o meme! isso sim que é um premio e o demais farrapos de gaita! a ver quem pode superar isso!
mira uma pergunta técnica... eu levo o número um agora... mas e se entro aqui como cinquenta vezes por día das-me os cinquenta números? é por ter mais "papeletas" para ganhar...
beijos(já sabes que os mais carinhosos da rede, sempre te tive em especial estima e segui o teu blogue desde o comezo e... paro por aqui porque senom vai-se notar o peloteo).
ah! outra coisa... e levo o número dois...
faltou fazer a cadea de produtos que se sorteiam neste meme made in galiza. o de ponher os links para que os que venham atrás possam ir ás entradas dos produtos e apontar-se no sorteio...
productos: queique de ordes, visita a carballedo e carne ao caldeiro, etc.
beijos
Uuuiiiii LM. A este paso vas ter a honra de disfrutar do premio. E facendome asi a pelota ainda mais.
Por certo, as bases do concurso estan ante notario pero si hai que invitalo a comer tamen se invita. ¡VAIA!.
Iremos facendo a lista de productos galegos. ¡Galicia Calidade!.
Saudos
bueno, bueno, qué vai ser isto? amañar a cousa así tan descarado non pode ser! LM o nº 2 tócame a mín! manda carallo unha degustación in situ, ¡qué boa idea! non hai maneira de mellorala!
(dou por feito que non hai peloteo que faga cambiar a sorte, ejem)
senhor barreira:
a) se me vai invitar a comer saiba que levo saia, quer dizer, saia nom porque ando com vaqueiros mas que nom me mude o género que parir parim eu... aliás tou mesmo contente de pertencer ao género inteligente da especie.
b) nom se deixe influenciar pela senhorita zeltia que assim empezamos chousa e eu e mire mire... ela é mui riquinha e fala mui bem e sempre nos toca a fibra sensível mas aquí quem chegou antes fui eu... e isso som muitas horas esperando, pegada ao computador, pela sua carne ao caldeiro(palitos e todo tive de ponher para aguentar os párpados abertos). dea-me esse número dois, porfi!
beijiiiiissssssiiiiiiimmmmmmooooossss
LM. Refiriame a que si hai que invitar ao notario a comer para que pase certas cousas por alto das bases, tamen se invita. O notario leva pantalons sempre (creo).
Zeltia. A invitación é moi dificil de xa so de igualar. Porque vir a Carballedo e degustar ese prato é todo un luxo para os sentidos (para todos).
E non vos peleedes que os número hei de asignalos eu, como me pareza, que para iso invito, JA.
Saudos
Buenooooooo, eu todavía teño que pensar o traste, pero prometo facer o meme en canto o teña decidido.
Dame número Barreira; que a min gústame moito a carne (incluso ó caldeiro!!).
Tan axiña como dispoña dun momentiño farei o meu meme.
(E como as chicas sigan peloteándote así, ainda has ter que facer unha "Xantanza" en Carballedo e -xa que unhas levan saia- pagamos todos "a escote").
LM, pero vostede e máis eu levámonos moi ben, non si?.
ai chousa! por dias... é que quando há um prato assim de carne como premio que quere que lhe diga... barreira é barreira...
beijos
Pois se queredes unha xantanza tampouco hai problema. A carne en boa compaña sabe moito mellor, non so está o segredo no unto.
Pois se queredes, so é cuestión de falalo.
Saudos
Pois eu tamén me apunto a isa carne ao caldeiro, que me encanta.
Saudos
Grazas por lembrarte de min para o tema ese do meme traste, aínda que non entendín ben de que vai todo esto, como se fai o sorteo e tal e tal.
En fin, eu non son moi proclive os memes. Pensareino.
Eu tamén quería apuntarme para esa carne ao caldeiro e a visita a Carballedo que teño que recoñecer que nunca a fixen.
Teño o libriño " Escolma de Carballedo " e quería animarme a visitar esa zona e que mellor excusa que recibir un premio !.
Bueno, que a sorte decida.
Tés o número 6 para a botella de viño da Ulla!
:)
Paideleo. Boa terra e bon libro de Rielo Carballo. Unha recopilación moi completa da cultura popular destas terras.
Tes por tanto número e que a sorte decida. Xa queda menos para o 28.
Como estou a piques de facer o meu meme traste, tamén quero número para esta carne o caldeiro. Uii! que pinta ten con ese picantiño.
Con algo de atraso pero o final eu tamén me decidín a facer o meme. Mañá ou pasado o poño no blog. Asi que, señor Barreira, deme un número a mín tamén que xa se me está facendo a boca auga.
Apertas.
Orrrrdia!!! Parece que estamos a arrasar en comentarios con isto do Meme. En Galiza está claro que a comida ten moito que dar.
Apúntame e apúntate se o desexas no Meme da Ría de Noia
Poucas veces un meme fixo tantos estragos...Eu apúntome, anque non poda estar por esas terras ata Xuño-Xullo. Tamén teño unha invitación no meu blogue.
Saúde e terra.
Apúntame, iso ten que ser unha pasada. Se che gustan os percebes, pasa polo meu curruncho...
e o premio goes to... ?????
Publicar un comentario