Habédesme perdoar polo retraso pero estiven de viaxe polas terras de Fidel e mais Raul Castro e non me foi posible facelo antes. Alí conectarse a internet é algo ao alcance dos servicios de información cubanos. Pero cheguei co tempo xusto para votar e mais facer o sorteo que nos toca.
Logo de ver os comentarios ata o dia 28, os números asignados a cada un son:
1. LM (a anfitriona e lianta de todo isto)
2. Zeltia.
3. Artabria
5. Mencia
6. Raposo
7. Paideleo
8. Carlos Sousa
10. Paco Penas
11. Ninsesabe
O sorteo non foi realizado ante notario, pero dou fe (eu) que non foi manipulado. E o gañador do sorteo é o amigo Chousa, home con sorte onde os haxa. Creo que o premio é merecido despois da premonitoria fotografia que nos aportou relativa ás eleccións. En fin, que despois de tanto esforzo hai que comer para repoñer forzas.
O mellor deste premio é que eu aforrome os gastos de envio, xa que o amigo Chousa é o que terá que achegarse por estas terras.
Felicidades ao gañador e a todos os agraciados nos distintos sorteos levados a cabo ao longo da blogosfera.
4 comentarios:
Iiiiiiiiiiiiuuuuughuuuuuuuuuuuu. Menos mal carallo!!!!!!.
Boeno, pois xa mirarei que horario de avións hai dende o aeropuerto internacional de Antas cara o de Carballedo; e despois xa concretaremos o día do atracón.
Coño! e non foi amañado? Este Chousa sempre andaba a queixarse que non lle tocaba nada, e mira ti!
O peor é que a min tampouco me toca nada, e tamén anduven a queixarme. A ver se algún dos rezagados que faltan por facelo me traen sorte.
A todo isto noraboa a Chousa.
Un saúdo.
VEs Chousiña, tanto protestar, e por fin tiveches premio.......eu iba propoñer que para a próxima vez fixeramos o amigo invisible, para que ninguen se quedara sen recompensa
bem, chousa, ja nom podes queixar-te por nom levar premio.
beijos
Publicar un comentario