domingo, 15 de marzo de 2009

Feliz cumpreanos

Neste mes de Marzo cúmprense 20 anos do nacemento da World Wide Web (WWW). Aló polo ano 1989 nacia no seno do Centro Europeo de Investigacions Nucleares (CERN) coa finalidade de que a comunidade internacional de físicos puidera compartir información dun xeito rápido e sinxelo a través de páxinas que contiñan enlaces a outras páxinas, enmarañando unha rede que chega ata os nosos días como un referente para infinidade de aspectos do desenrolo humán, e sin a cal a historia escribiriase doutro xeito ben distinto.
Non é imaxinable un mundo sin a interconexión de millóns de computadores onde prácticamente todo se comparte a unha velocidade de vértigo. Nestes 20 anos a rede acadou unha dimensión enorme. Non só se comparte información, senón que se interactua coa rede, empregase a intelixencia colectiva para proporcionar todo tipo de servicios. É o que se deu en chamar Web 2.0.
A velocidade á que avanza é imparable polo que con outros 20 anos, ¿onde chegaremos?. O tempo nos dará resposta a moitas cuestións.
Entrementres deséxoche, WWW, un feliz cumpreanos.





P.D. Non deixa de ser curiosa a primeira páxina que se creou en Marzo de 1989 e que hoxe fai referencia a este acontecemento histórico: http://info.cern.ch/

Foto: Fai 20 anos eu e mais o meu amigo eramos GAITEIROS. ¿Acórdavos que faciades fai 20 anos?

7 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Buff!! Fai 20 anos? Tiña 19 anos, (quen os pillara hoxe) xa traballaba, ou sexa que tiña cartos no bolsillo e apuntábame a canta festa houbera. Co meu R5 aínda che recorría bastantes Km. E sobre todo vivía para o fútbol e o fútbol sala, practicamente xogaba ou entrenaba todolos días, non como hoxe, que o fago os sábados e grazas.

Dende logo estábades ben juapiños coa gaita ó lombo, jeje.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Buff!!, tamén digo eu. fai 20 anos tiña tan só 10 aniños. Recén da nosa 1ª comunión (que non a última), ainda estabamos na EXB (que agora tamén evolucionou, para peor claro está, pois a eses anos non suspendías ningunha asignatura e agora os rapaces levan unha morea de suspensos para a casa), levaba a vida con mais tranquilidade pois ainda era pequena e non me daba conta de tódolos problemas que che poden surxir en 20 anos.
Nestes 20 anos, nós tamén acadamos unhas dimensións enormes (nunca mellor dito, sobre todo despois de regresar dunha viaxe de Cuba onde só se fai comer ben e moito e durmir,jajaja).
Un bikiño jaiteiro!!

Barreira dijo...

Carlos Sousa. Ás festas un non se apunta; a esa idade a festa faise.
Anonimo (quen carallo serás). Ja,ja. E logo comulgaches algunha vez mais???. Esa é unha verdade coma un templo, e seguro que comparte todo o mundo. "En 20 anos acadamos unhas dimensións enormes".
Saudos.

paideleo dijo...

Pois eu traballaba na Citroen de contrata que ía entrar na mili en xuño.

Mer dijo...

20 anos atrás? Comezaba no instituto, tiña o cabelo cortado polo pescozo e un mechón por debaixo da orella, longo case ata a cintura e tinxido de cores diversas

estaba "nesa difícil idade" que hai 20 anos aínda era pre-adolescencia, aínda non probara o tabaco, nin bebera alcol, nin lle dera un bico a un rapaz nin nada de nada, vamos, que aínda non espertara

qué tempos aqueles!!

precisamente onte publiquei non meu mer-falamos un post sobre recordos da infancia

será a primavera adiantada que nos fai estar nostálxicos?

Chousa da Alcandra dijo...

Eu xa estaba na canteira daquela. Joder, que vello vou! (Ou sería que empecei a picar pedra moi novo?)

Oes, o ronco da gaita era largo de carallo eh. Non sei se o fol era malo de encher; pero levar esa vara ó lombo...róncalle o carallo!!!!

Paz Zeltia dijo...

pega gana de non morrer só por ver estes adiantos!
qué rápido se fai cotián, guiarte por o GPS, botar a man o móvil, consultar en internet, saber dos teus seres queridos nuns segundos, mesmo estean en xapón! non fai falla tele para ver a tele, non fai falla correos para escribir cartas... poñendo un dedo nunha pantalla tactil saenche os cartos por un buratiño (se antes os gañaches, (ou os roubaches)... e todo iso non o empecei a coñecer eu ata hai uns 10 anos ¿cómo podía ser a miña vida antes? jajaja

Non creo que aporte mais felicidade, porque deso témonos que ocupar nós mesmos, non nolo vai dar a tecnoloxía, pero espilidos de coco e nogallans de corpo... ¡eso seguro!