jueves, 5 de marzo de 2009

Prevención de riscos

Todos sabemos que mais vale previr que lamentar, ou que curar. De ahí o importante que é sinalizar as zonas en obras para evitar males maiores.

Pois aqui tedes a mostra de que as cousas ben feitas ben parecen. Esta é unha zona en obras sinalizada en plena T4 de Baraxas. Na sinalización non se escatima nin o mais mínimo esforzo.

¿Pero e a obra onde está?.

En fin, a ministra de Fomento non quere pillarse os dedos outra vez, e calquera precaución é pouca.

Esperemos que se inaugure pronto a ¿obra? para poder disfrutar todos deste recunchiño, nunca mellor dito, canto antes.
Posted by Picasa

12 comentarios:

Suso Lista dijo...

Haberá moita cola pra disfrutar do remate das obras? Ten boa pinta eselugar. Saludos desde a Costa da Morte

Deambulando con Artabria dijo...

Seguro que para a inauguración hai un montón de periodistas........

Raposo dijo...

E que estes letreiros hai que poñelos con tempo.

LM dijo...

agora já nom há présa que já passaram as eleizons ;-)
beijos

Carlos Sousa dijo...

Si que é cachonda a cousa. O que non sei como non se lle ocurre a ninguén poñerse dentro para saír na foto.

Barreira dijo...

Carlos. Poñiame eu pero non habia quen me quitara a foto. Mecagonatos!!!

Paz Zeltia dijo...

Está muy bien, claro que o ollo do espectador niste caso o é todo!

:)

Anónimo dijo...

Istos letreiros hai que leeelos para entendelos " GRAN RESERVA ETIQUETA NEGRA DA GRAN CHAPUZA DA MINISTRA DE FOMENTO"

Anónimo dijo...

Esqueciame, aquela foto e unha roda cubana, pero non na Habana jejeje. Unha roda cubana na Malata.Ferrol(non confundir con mulata).
Apertas

Chousa da Alcandra dijo...

Mira que bien, carallo!.
Esto é xustiño como cando vas no coche pola estrada e aparecen unha ristra de sinais de 40, obras, precaución e as de diosescristo e despois...nada de nada.

Carlos Sousa dijo...

Que non hai xente na T4? Outra cousa é que correras o risco de quedar sen cámara.

Grazas pola felicitación, isto é o que ten, entre todos axudamos a medrar e a non ser tan fría a cousa.

Unha aperta

Cuspedepita dijo...

Igual é que van cambiar as tres plaquetas que hai debaixo do letreiro porque non lle gustan a Feijoo cando pasa por alí ;-) jajaja