martes, 10 de marzo de 2009

Preguntas existenciais.

Hoxe unha dúbida inunda a miña sesera; fágome un montón de preguntas, das cales necesito respostas, pero hoxe solo, que mañá é outro día.


Hoxe, despois de ler as novas matutinas, pregúntome polo voto emigrante, que dito así parece é un voto que marcha de aquí para outro país, pero realmente é todo o contrario. ¿Entón non se debería chamar "o voto inmigrante"?.


Non entendo a que ven, a santo de que alguen que non vive aqui pode que votar aqui. E que oculto interés pode ter para votar aquí.


Si eu tivera a posibilidade de votar nas eleccións de, por exemplo, Turquía seguramente non o faría, porque sinceramente dame igual quen saia (ainda me amarga votar aqui). A non ser que tivera un interés especial, claro está. Por exemplo, si a min me veñen dar un "carameliño", pois eu, que son agradecido, a cambio vótolle encantado da vida, ainda que sexa á dereita mais reaccionaria ou á extrema esquerda. Total despois xa os aguantarán os que viven alí.


Asi que, voltando a Galicia, porque motivo hai que permitir o voto a xente que vive fora de aquí, que moita dela nin sequera ven de vacacions, e que polo tanto dalle exactamente igual quen goberne a non ser, insisto, que haxa un interés especial, e que non ten nada que ver co interés que podemos ter os galegos de que nos gobernen ben, que ao fin e o cabo é para que votamos os que vivimos aquí (ainda que case nunca o conseguimos).


E porque teñen que decidir quen vai a xestionar o diñeiro dos nosos impostos quen contribue ás arcas con "cero patatero" euros. Xente que ten intereses aquí pero que non tributa neste país non entendo porque ten que votar aqui. ¿Imaxinades unha comunidade de propietarios onde aparte dos copropietarios que pagan a couta comunitaria tiveran poder de decisión os veciños da comunidade de enfrente?.


Todo isto leva aos nosos gobernantes e clase política en xeral a gastar moitos euros que con moito traballo achegamos nós ás arcas de todos, en viaxes e festas alén dos mares para chamar a atención deste voto sen sentido.


Mentres non se me demostre o contrario considero unha tomadura de pelo que os emigrantes teñan dereito a voto aquí (e non me vale que naceran aquí). E si votan aquí, creo que é unha obriga que tributen aqui, polo menos polos intereses que poidan ter neste pais. Porque para eles é algo a facer cada catro anos, pero logo temos que sufrir as consecuencias os que vivimos aqui todos os dias.

Foto: "Mira que boa pinta ...... vótame!"

8 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Dios!! mirando a foto douche o voto ó momento.

É toda unha realidade o que contas, o problema é que non so emigrantes, senón tamén fillos e netos de emigrantes, os cales nunca pisaron Galicia.

O máis triste é que eses poden votar, pero un que marcha a outra comunidade a traballar e ten que empadronarse alí por unha temporada, aínda que teña casa aquí e pague impostos aquí, ese non pode votar. A ver quen mo explica.

Un saúdo

Artabria dijo...

Eu quero o poste e que os emigrantes que non veñen a Galicia nunca non poidan votar.......

Alexandre dijo...

Os emigrantes, alguns deles non saben donde cae Galiza pero votan por comenencia o socaire dos caciqes-plíticos que van de "noite de ronda" con nocturnidade e alevosia ofrecendo prevendas a cambio de que metan papeliños, cantos mais mellor é postos xa en fariña valem mortos e vivos. Eche una indecencia mais loxico seria que poideran var os que agora non poden os emigrantes que levan aqui anos.

Paquito de Penas dijo...

O emigrante non ten a culpa. O mellor sería preguntarlle a ese novo Diputado do PSOE en Ourense, que é o que pensa deste asunto.
A ambición política non entende de ética, cando é capaz de contar votos dos mesmos mortos...
Eu, que vivo como galego, nas ilhas da maraconesia espanhola, doulle o meu voto aos canarios e que metan as minhas cinzas nunha "urna" para espallar a mitade polo mar Atlántico e que deixen a outra mitade, para estercar os carballos do meu berce. (DORVISOU)

Manuel L. Rodrigues dijo...

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (11 de Marzo) foi o 23488, polo que o gañador do Meme sería aquel que ten a terminación 88. Como non existe tal participante. Vólvese a sortear hoxe (día 12). Moita sorte.

Chousa da Alcandra dijo...

O postre ese o que dí é :"bótame"!!

(No do "voto exterior" hai que amañalo, pero a la voz de ya!!!)

Barreira dijo...

A clase politica sempre di que é necesario modificar este tema, pero ao final ninguén colle o boi polos cornos. Todos teñen intereses ocultos en que se manteña deste xeito. I eu, como cidadán, sintome estafado.
A ver si dunha vez por todas esto se amaña, pero non so de "boquilla".

LM dijo...

é um tema complicado porque... e se falamos dum filho de emigrante que só esteve aqui duas vezes mas depois é um dos pilares do centro galego? dos que promove as actividades no exterior? dos que lee até o último livro ou artigo publicado em galego ou sobre galiza? há farinha de todos os costais e assim como uns nem sequer saberiam colocar galiza no mapa outros "colaboram" como podem desde a distancia.
beijos