martes, 3 de marzo de 2009

Comunismo a la cubana

Sempre tiven interés en coñecer de primeira man cales son os verdadeiros resultados da praxis comunista. Por iso aproveitei estes dias para facer unha viaxe a Cuba, disfrutar do bon tempo, da boa musica, das suas xentes e mais ver de primeira man como viven.

Antes de falar do réxime en si teño a obriga de decir que a xente é encantadora. Vale a pena facer esa viaxe somentes por compartir opinions, puntos de vista e bos momentos con eles. Os cubanos facilitan moito todas estas cousas.

Asimesmo a paisaxe e digna de ver, o tempo axuda moito para disfrutar de todo, e son capaces de empaparte de toda a sua cultura e dos seus costumes. Unha viaxe que recomendo e que eu mesmo repetirei, xa que me quedaron moitas cousas por ver e por facer.

Agora tocalle o turno ao rexime comunista de Cuba. As ideas do comunismo, a esquerda levada á sua maxima expresión, son todo un alegato á igualdade, á primacía dos dereitos basicos e universais de toda a xente, sen excepcións (a vivenda, a educación, a sanidade non lle falla a ninguén), en choque frontal co libre mercado, e todo baixo a tutela do estado.



As ideas están moi ben, pero a realidade choca de raiz con todo este pragmatismo. Polo de pronto chama moito a atención que os poucos países que ainda teñen este sistema comunista estén todos baixo reximes dictatoriais. ¿Como pode ser que ideais deste tipo haxa que impoñelos pola forza?. A miña opinión é precisamente a de que como se trata de réximes en clara minoría frente aos reximes capitalistas, empregan unha actitude defensiva dun modo continuado. A isto hai que engadirlle que todo o que defenden os comunistas dase cuns niveis de calidade sumamente pobre, e dicir, todo o mundo ten dereito a unha vivenda pero que está en estado ruinoso, o acesso á sanidade e á educación é gratuíta pero sen case medios para que sexa de calidade, e as racións que reciben os seus cuidadanos non son capaces de taparlles a fame. Vendo como viven neste momento os cubanos hai que cerrarlles a posibilidade de coñecer como se vive fora de Cuba para poder defender esas ideas.



Por iso por todas partes hai mensaxes relativos a continuar coa "loita" fronte ás agresións que veñen do mundo capitalista, do libre mercado, pero sin explicar porque hai que facelo. Parecen curas.



O tecido económico en Cuba non existe. A iniciativa privada anulase por completo. O Estado é o unico patrón, que quere ter un control ferreo sobre todo. ¿Imaxinadesvos a un unico xerente dunha gran empresa que non delegue funcións en outras persoas e que queira ter absolutamente todo baixo o seu control?. Pois extrapolando iso a todo un país, pasa que ese control non é posible e todo se volve un caos.

A xente non encontra motivación ningunha para levantarse polas mañans e contribuir minimamente ao producto interior bruto. Polo tanto a unica alternativa que queda é a de abrirse ao mundo capitalista e permitir a empresas extranxeiras a explotación tímida de algúns negocios que por eles mesmos non son capaces, por exemplo, o turismo. O enemigo público número un do comunismo é agora quen manten a precaria economía dese país.

E permitir esa entrada leva a que paulatinamente o Estado vaia perdendo ese control sobre todo, polo que o rexime comunista cubano coido que ten os días contados.

A esencia do comunismo e da revolución que se puxo a andar en Cuba fai 50 anos está moi ben. Pero a sua posta en práctica adolece de grandes contradiccións. Para o único que serviu foi para crear iconos como o Che. E para que en nome do Che, unhos poucos dirixentes vivan mais ou menos ben, en contraposición da sociedade en xeral que non atopa un rumbo claro no que dirixir a sua vida.



Tan so espero que canto antes morra este rexime, que xa está condenado. Asi deixaranse de ver a nenos pedindo comida polas ruas, cos pes todos cheos de callos por non teren zapatos, xente pedindoche unha medicina para curar unha simple enfermidade de pel que lles amarga a existencia, ou que lles des unha simple revista para poder comparar como viven porque non lles cheira ben todo isto.

Os cubanos teñen un caracter aberto nun rexime que non lles permite falar. Teñen unha gran creatividade nun país onde non a poden empregar únicamente para poder subsistir. Tratase dun pobo por descubrir e que creo que nos pode sorprender. Espero que canto antes chegue ese momento mellor para todos, especialmente para eles.

10 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

E ti de verdade cres que este réxime vai morrer algún día???

Alegrome de que desfrutaras tanto esta viaxe....

Anónimo dijo...

En moitos paises capitalistas a xente pide nas ruas e morre de fame. Nos paises capitalistas cercanos a cuba están moito pior. Cuba debe mellorar moito evidentemente. No capitalismo gobernan tamén os mesmos. Nós estamos na parte privilexiada do mundo. As criticas están ben pero debemos ser mais xustos, comparando a Cuba con paises semellantes da sua area non cos ricos de Europaé en cuba ademais decousas malas tamen se fixeron progresos socais.

Barreira dijo...

Cal é o progreso social???. Que os rapaces anden descalzos polas ruas e que pidan de comer porque teñen fame???.
Hai países na sua area que non teñen un rexime imposto onde dicir o que pensas é delito.
Insisto en que algo que me impresionou bastante da forma de pensar é que non teñen ningunha motivación para facer algo. I eso é culpa unicamente do rexime establecido, e dicir, do sistema de governo que teñen.
Penso que algunhas ideas comunistas teriamos que introducilas nos nosos sistemas capitalistas pero é que todo o que se predica por esas terras non existe aplicación práctica de ningún tipo. Os logros sociais que manifestan ter están somentes no papel. Na practica a xente está a malvivir. E para iso non hai excusa que vala.
Saudos.
Artabria, hei de pasarche fotos para que poñas en "Deambulando". Gracias.

Carlos Sousa dijo...

Polo que contas e o que me contaron uns amigos que forón alá de vacacións (xa debe facer 10 anos polo menos) creo a situación.

Imaxínate, eran catro solteiros e foron a coñecer, pero sobre todo a pasalo ben. Un deles ó vir de volta alucinaba coa situación, e dixo que non voltaría máis, so lle quedaban os recordos tristes, como os nenos a pedirlle ós turistas, e a policía a impedilo para lavar a imaxe.

Outro o final coñeceu unha rapaza e casouse con ela, despóis de ter que facer 3 ou 4 viaxes. Conseguiron traer a familia para acá, estes non eran dos pobres, máis ben eran dos que o réxime lle sacara moitas propiedades. Contan que ata para ter un porco hai que declaralo ou senón telo achantado e que non berre.

Bueno, contenche un rollazo, pero viña ó caso. As ideas do réxime comunista en teoría están ben, na práctica... todos acaban igual.

O capitalismo... xa se verá.

Unha aperta

Anónimo dijo...

Cuba, como moitos outros paises ten que cambir cousas pero non volver a un capitalismo inxusto en todas a partes menos para funcionarios e acomodados. Logros sociais: Sanidade gratuita e boa. Froito diso unha das esperanza de vida é de menor mortandade infantil das mellores do mundo. Na sua Área e en Europa e en arxentiña por exemplo morren nenos de fame nos USA tamen Alfabetización tendo en conta que o85% era analfabeta , E todos teñen un minimo do imprescindible. Todo eso cun bloqueo e sen fontes enerxeticas no seu subsuelo e ca manipulacion dos prouctos que sofre Cuba e outros paises do mundo o azucre e outras materias como o café noutros lados a precios irrisorios anque os consumidores paaguemos precios atos froito dun comercio mundial inxusto que condena a moitos paises a miseria. Xente desmotivada haina en todas partes, sobre todo cando hai un minimo asegurado. Vai a Brasil e Santo domingo, Costa Rica, Honduras , Uruguay e a volta contámo.Ou vai o EE.UU apartado das luces de neon e contámo

Chousa da Alcandra dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Chousa da Alcandra dijo...

Rapaz: explícaste como un libro aberto. Pódese discrepar contigo ou non; pero ghastas unha pedagoxía epistolar que da xenio.
O día da comilona da carne ó caldeiro xa contarás algunhas cousas máis da viaxe...

Saúdos dende a terra do pan con queixo (e viño mercado en outras ben cercanas!).

NOTA: O anterior comment era meu. Borreino por unha falta de ortografía tremenda. Para que vexas que son recatado gramatical tamén

Barreira dijo...

Chousa. Aqui debatindo cousas importantes e ti solo pensas en comer carallo!!!.
Pois como dixen a feira e o 17 e o 29 de cada mes. Asi que cando vostede queira imos a degustar ese premio que che tocou pero que vas ter que compartir comigo.
Efectivamente, Alexandre, que todos temos moitas cousas que cambiar pero coido que un rexime dictatorial do unico que ten conta e de que ese rexime non caia non existindo ningunha intención de mellorar nadiña. De ahí que se anule a iniciativa de todo o mundo; porque nun rexime comunista a xente poderá ter iniciativas e levalas a cabo, digo eu. I eso é o verdadeiramente grave.
Eu non critico o comunismo, que ten ideais verdadeiramente xustos, nin defendo o libremercado salvaxe que estamos a padecer nós. Critico unha clase politica dun pais concreto que coido que son unha pandilla de oportunistas, ocultando as suas verdadeiras pretensións detras de ideais que nin eles mesmos cren.
Polo que a min respecta volverei as veces que poda porque a xente é especial, e como digo eu, ainda está por descubrir, si é que algún dia a deixan.

Raposo dijo...

Eu estiven en Cuba fai mais de dez anos e a situación non me pareceu tan grave. Non sei o que cambiou dende aquela.
Non esquezamos que ten un bloqueo tremendo. Nesa situación outros paises da zona coido que estarían ainda peor.
e coincido con Alexandre en que o castrismo conseguiu uns logros que hai que recoñecer: erradicou o analfabetismo, a sanidade é a mellor desa zona, todo o mundo ten unha casa, humilde si te queres pero unha casa, todo o mundo dispón do imprescindible.
Agora mira outros paises do entorno e xa me dirás. No todopoderoso Estados Unidos morre xente de fame, en Cuba non.
E non estou a defender o castrismo que non deixa de ser unha dictadura pero o que ten de positivo hai que recoñecelo.

Barreira dijo...

Raposo. Pois eu recoñezo as bondades do comunismo fronte ao capitalismo. Pero as practicas que ali se levan adiante non teñen sentido nin razón de ser.
Primeiramente volvo insistir que non sei como eses ideais hai que impoñelos pola forza.
Efectivamente non hai analfabetos no país. Pero non hai liberdade para ler o que se queira nin para dicir o que se considere oportuno. Ata a forma de pensar está condicionada pola falla de coñecemento do que pasa fora de Cuba.
Os facultativos cubanos efectivamente son do mellorciño. Pero o mérito dobrase cando os medios non existen. Eu non lle chamo sanidade de calidade á que se administra en hospitais sen ventanas, por exemplo.
Non ten sentido o bloqueo ao que está sometido pero tamen lle vexo algo de oportunismo. ¿Porqué non existe bloqueo para que as grandes empresas turisticas campen ás suas anchas pola illa?, ¿que pasa neste caso co enemigo capitalista?. Será por iso polo que botaron a ese dous ministros que pasaron en nada do ceo ao inferno. E iso tamen pasa no mundo capitalista.
O rexime castrista creo que fai coma os curas: os ditos están moi ben, pero as obras.......
Saudos.