miércoles, 5 de agosto de 2009

X Tantos



Eu son partidario de marcar a X na renda para a igrexa católica, apostólica e romana.


E porqué?, preguntarédesvos. Pois porque o IRPF é un imposto directo, e os fieis seguidores da igrexa de Cristo estarán purificando a sua ialma proporcionalmente aos ingresos obtidos nesta estadía terrenal.


Estaremos aportando ao plan de pensións da eternidade con cómodas cuotas que nos permitan chegar a fin de mes, e sin un mes non é posible aportar, que Deus nos perdoe.


Todo isto vai en contraposición co imposto indirecto que supón o pago de responsos e misas, así como outro tipo de actos litúrxicos. Estes impostos non dependen da renda de cada un, polo que págano en igual cuantía pobres e ricos. Igualiño que o IVE.


Cando nos "aconsellan" traer a sete ou oito curas para cantarnos pregarias e rogos cando facemos a viaxe para o mais alá, dise que é para ir ao ceo, de xeito que cantos mais curas haxa con maior brancura chegaremos ao carón de noso Señor. Eu non sei se con maior brancura, pero o que si sei é que se chega antes porque un bota á correr para alonxar os tímpanos espirituais desas voces "aterciopeladas" canto antes. E cuns poucos euros menos no peto, tantos como un número múltiplo das voces que nos empurran cara o ceo.


¿E que pasa con aqueles cuxas familias non poden pagar ese imposto indirecto?. ¿Convertirase a súa viaxe nun camiño de espiños en vez de pétalos de rosa?. ¿E si ainda por enriba non marcaron a X na renda?. Pois que o Banco da Eternidade non lles ha de prestar nin un peso.


Filliños, marcade con unha X a casilla da Igrexa, xa que ao igual que ocorre coa Facenda Pública, Igrexa somos todos, pero uns mais que outros.

Foto: ¿A cruz de Cristo ou a X da renda?

10 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

Non tiña pensado outra cousa........

Sarcasmo aparte, non tiña culpa a igrexa de que os meus cartos foran para eles.......

Se non lles chegan os cartos que vendan un deses aneis de ouro ou calquera outra pertenencia que daría de comer a moitos nenos do terceiro mundo.......

Chousa da Alcandra dijo...

In nomine Patri et Filii et Espiricti Sancti...(e de penitencia pagasme sete cervexas, oito viños e tres racións de pulpo).

paideleo dijo...

Con la Iglesia hemos topado, amigo Sancho.
Parece que coincidimos en retratar igrexas.
Eu só quero saber delas para fotos.

Carlos Sousa dijo...

Estes curas e compañía, pobriños, que pena me dan, que traballiño pasan para chegar a fin de mes....

As igrexas tamén so para fotos, todo o demáis dame alerxia. E iso de poñer 6 ou 7 curas para un funeral, é chulería e prepotencia. Se ó final a igrexa é a primeira en derrumbar os seus principios.

Un saúdo Barreira, garda algunha X para a quiniela, o millor da máis resultado.

BRABIDO dijo...

Que gran verdade,teño un recordo de pequeno,nesta parroquia o cura de antes, viña polas casas na pascua,segun os farelos que lle poñian na mesa rezaba a version corta ou longa.

E o dia de todolos santos mais do mesmo xa que tiña a costume de ir de panteon en panteon e segun apuchinabas .........


O dia de hoxe o cura que temos xa non ben polas casas e no cementerio ponse na entrada é dice unha misa pa todos.

Pola comarca donde eu durmo,moito cambiou xa que ae curas que levan(dan misa) tres ou catro parroquias.
Fai uns anos non era asi algo esta cambiando.

Eu teño entendido que unha das empresas mais ricas do mundo,en terreos e en propiedades non teño dubida,o que tiña gana de saber e como se fixeron con estas "parceliñas" polo mundo adiante.

Conclusion: A MAS DINEROS MAIS DIOS,asi que xa sabes compañeiro,primer mandamiento do seculo XXI,NO ENTREGARAS LA RENTA SIN LA X ECLESIÁSTICA.

PRAADIANTE

Raposo dijo...

Por suposto, eu non só marco a X para a igrexa senon tamén a Y e mais a Z.
O inferno xa o estou pasando nesta vida, pero na outra o ceo ténocho ben asegurado.
Mecagoenrooooos!!!

Casía dijo...

eo tamen as igrexas pa fotos e contos
(pido perdón por el gallego, poca idea tengo, mi familia es del occidente asturiano "grandas de Salile" y algo de a fala queda en los genes)

fgul dijo...

hehehe!! Grande verdade!! Aínda así é igual; marques o que marques os teus impostos irán para convencerche de que pagues máis impostos, ou senón, para crear (xa existe) a infraestructura que permita multarche e cobrarche se non os pagas!!!

estes malditos romanos...

Paz Zeltia dijo...

qué poder de persuasión!
¡xa me convenciches!
ninguén se pode resistir a eses argumentos.

elo demo e has ir de cabeza para o inferno

Merce dijo...

Pois a min non me da a gana... xa sabes onde quedo eu cando ai que entrar na igrexa jejejeje o malo e que na miña boda tocoume entrar e perdin a sesion vermut... unha mágoa...

Pois si, xa andamos por istes lares, temos que falar para ver se saimos a facer unhas fotiños e de paso deliberar o da cruceciña tomando unha cervexiña, non?

Xa che vou mandar un enlace a ver se che interesa para xuntarnos cun un grupo e a fotear a diestro e siniestro.

Bicos ourensans