lunes, 24 de agosto de 2009

Formas


Moitas veces damos mais importancia á forma que ao fondo. Sempre compre facer as cousas según o xeito que establece non sei que "cánones". Hai que marcar estilo, se saber definilo, ou definirse.

E ao fondo non se lle adica nin a mais mínima reflexión, sempre que as formas sexan as que se acostuma.


Vista a forma da foto eu considérome un homosexual. Mais se nos fixásemos no fondo o que son é un larpeiro.
¡Que bos están os tomates da horta de meu pai!.

14 comentarios:

brabido dijo...

solos ou acompañados, telos ben maduros.

PRAADIANTE

Artabria dijo...

A verdade é que os tomates ao natural non me gustan moito.

Que caprichosa é a natureza a veces....

Chousa da Alcandra dijo...

E con que raio rega o teu pai as tomateiras oh?. Cajonatós, non te duches coa mesma auga, que mira ti como podes quedar...

(Bo proveito!)

paideleo dijo...

Pois eu son máis larpeiro que homosexual...de momento !.

Suso Lista dijo...

Cousa curiosa. Manda carallo, manda güevos, manda tomate.Aperta

Carlos Sousa dijo...

As formas son importantes, pero o fondo é o que conta. E senón pensa cando troceas o tomate para comelo, que importa.

E que tomatiños coloradiños tes... Curioso

zeltia dijo...

e ainda che saiu unha reflexión ben xeitosa co tomate ese caralludo!

Merce dijo...

Abofé que estan bos, ó mesmiño que os cogumelos da tua terra :)

Si que e curioso o tomatiño, si...

Bicos

Alodia dijo...

Os tomates estanche bos, se son da casa, teñan a forma que teñan. O natural imponse!

Manuel L. Rodrigues dijo...

a verdade é que teñen unha pinta que mete medo (medo do bo).

...e bo proveito!!

vermella dijo...

isto son tomates con personalidade!
case da pena comelos...
saúdos

Ana dijo...

Vaya tela cos tomates do teu pai. Vamos cos tomates de la huerta do teu pai,jejeje

Perdonar esta mescla de gallego e castelan, mais es que eu o intento.

Biquiños

HADEX dijo...

Lémbranme a unhas cenouras XXX que cultivaba a miña nai jajajaj.....a ver se atopo unha foto....

Antón de Muros dijo...

A natureza ten estas sorpresas...

Saúdos.

Antón.