lunes, 27 de julio de 2009

Anfibio

Unha cualidade que ansiamos os humanos é a de movernos con total liberdade. De ahí que, dende tempos inmemoriais, o home busque e invente trebellos que nos permitan movernos por terra, mar e aire.
Ansiamos movernos con liberdade pero logo non disfrutamos desas viaxes e facémolas con rapidez posto que as consideramos unha perda de tempo. Buscamos coches con centos de cabalos, avións que voan á velocidade do son ou barcos que rompen as olas antes de que rompan elas.

E todo isto ainda co risco de perder a vida no intento. ¿Non sería mellor disfrutar do que ansiamos?


Foto: ¿Vehículo anfibio?

14 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Está claro que hoxe en día as presas e o ritmo de vida mandan moito e hai que andar a toda velocidade. Pero a canta máis velocidade vaiamos, menos disfrutaremos das viaxes, e sobre todo das paisaxes.
E seguirán a inventar, é para que máis cabalos? Non chegarán cos que hai? Nada, máis vale lento pero seguro.

Apertas a modiño, con calma.

Suso Lista dijo...

Efectivamente, mais vale tarde,que nunca. Saúdos

paideleo dijo...

Antes viaxábase e agora desprazámonos.
Eu, de ser rico, mercaría un helicóptero.

brabido dijo...

Ben certo é que por natureza o ser humano sempre quere ser mais rapido que os demais.

De ahi eses motores con un feixe de cabalos,porque e permitido que os coches poidan coller unha velocidade de ata 250 km/h? o mas,se só se pode circular a 120 km/H.

Penso que pa correr estan os circuitos é o AVE cando chege a nosa terra.


PRAADIANTE

HADEX dijo...

Tes toda a razón. Co fermoso que é ir dar un paseíño paseniño e disfrutar da paisaxe!!!

Ten moita razón Paideleo. Pero que o ser humano éche así, irremediablemente.
Bicosss

Artabria dijo...

Pois é que unha vez que conseguimos o que queríamos, empezamos a ansiar outra cousa....é un círculo vicioso.

Manuel L. Rodrigues dijo...

home: eu tívenche un tempo no que quería coller un barco pesqueiro e adicarme á sardiña (e non por cartos non senon por pracer).

Enfín; os amigos dicíanme que tiña o complexo de Forest Gump...

zeltia dijo...

bueno, eu que ainda que vivo na coruña, sei de mar o que é a contemplación del, pero nadiña de barcos nin de oficios mariñeiros... asi que eu vexo unha barca -barca, si termo xeral de "barco pequeno" jeje- posta nun remolque, che.
dame hasta corte a miña ignorancia...
respecto o de correr dun lado para outra para chegar antes e marchar rapido cara outro sitio a correr tamén, concordo cos comentaristas!
raio de coches que che pasan pola autopista coma unha centella cando ti xa vas a 120 pensando que a velocidade á que se acercan as árbores a carón non é natural...
bueh!
e voar non me gusta nadiña
a presa o unico que fai e acortar o tempo, non estricalo.

Raposo dijo...

Xa o dicía o meu avó: pouco e pouco e boa letra.

Antón de Muros dijo...

Quen puidera ter unha vida repousada...

Gustoume a foto da barca -como dixo Zeltia- ;-)

Unha aperta.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Curiosa a foto: a barca en terra e o mar de fondo :-))
Eu penso coma Paideleo, agora desprazamonos dun lugar a outro. O ideal sería que existise o teletransporte automático, porque o que ten importancia é o destino, non a viaxe.
O meu soño é unha longa viaxe a pé, pero sen présas, sen destino marcado, sen rumbo, sen máis ca o imprescindible.

Suso Lista dijo...

Vexo que sigues de vacacións.Pois eu non paro. Asique ven botarlle unha risiña polo meu blog.

LM dijo...

dentro de pouco também lhe ham ponher umas ás...
beijos

Manuel L. Rodrigues dijo...

todo iso vese perfectamente no filme "sempre Xonxa" non?

Unha fonda aperta