domingo, 13 de septiembre de 2009

Nota informativa

Hai anuncios que son claros e concisos, pero hai outros ambiguos e enmarañados. E o que para uns pode ser claro para outros pode estar enrevesado. A min, visto o cartel, non me queda claro a partir de que dia non podo facer ruidos excesivos.
Posted by Picasa

14 comentarios:

BRABIDO dijo...

Eu entendo, que dende se puxo o letreiro quedan prohibidoS eses traballos xa que ben sendo como as sinais de trafico exemplo: a de aparcar sen horario e pas 24 horas é a que teñen horas marcadas limitanse o tempo señalado.

Eu por experiencia,xa que durmin"vivin" nun edificio con estas caracteristicas podo asegurarche que si ae mal "rollo".

O propietaio non suele ter a culpa,el o quere e alquilalo,despois ........

En que andaras metido,primeiro os tomatiños e agora ...je je je je

saudos

PRAADIANTE

HADEX dijo...

Ja ja ja....eu tamén entendo o dos ruidos. Tivemos uns veciños que os domingos pola mañanciña facían non sei que ritual con cancións de misa e todo.....Daban ganas de matalos!!!

Paz Zeltia dijo...

ah pois eu atopo que máis crariño non pode ser.
non se poden facer ruidos excesivos mingún dia despos das 10 da noite ¿non é?

pero, con tino, eh, que prostituirse non se pode nese edificio!

Carlos Sousa dijo...

Home, tan enmarañado non é... A partir das 10 da noite, o que practique a prostitución, que o faga polo baixiño para que non se enteren, e así polo menos só imcumpre unha lei.

E a que ven esa prohición??

Algo habería por aí...

Saúdos

Deambulando con Artabria dijo...

Vaia antecedentes debe haber cando se di o da prostitución.......

Lili dijo...

Entón, que é peor, prostituirse ou facer ruido?

Prostituirse sen ruido está ben?

Sinceramente, dame igual que a miña veciña sexa prostituta, pero non que o meu veciño monte juergas diarias ata as 8 da mañá...

Barreira dijo...

Vedes????. Parécevos que está claro pero non é tal....... se cada un de vós dicides unha cousa. JAJAJAJA.
Brabido. Entón se a partires das 22 horas non se pode exceder, ¿a que hora se volve levantar a veda?. Eu xa penso que non vou poder comer tomate a partir das 22.
Hadex. ¿E logo que han facer os domingos á mañan?. Muller de pouca fé.
Zeltia. Ordia!!!!. Pareces a presidenta da comunidade.
Carlos Sousa. Ti sí que sabes. O tema é que tampouco se clarifica de que tipo de prostitución se trata, polo que non che sei dicir a que ven a prohibición de marras. Pero bueno, como digo eu, o caso é prohibir, por si acaso!!!.
Artabria. Antecedentes non sei, pero o presente é crudo. E o futuro, eu que sei....
Alodia. ¿E logo, á tua veciña permíteslle que faga barullo de noite? (eu tamén pero que non se entere ninguén). E seguro que a teu veciño non lle permites prostituirse. Dende logo que ben vive tua veciña e que mal o pasa teu veciño, oh.
Saudos para todos

paideleo dijo...

Un letreiro ben claro e digno dun blogo. Só espero que non sexa no teu edificio que eses asuntos sempre acaban mal.

Merce dijo...

Vale vale a partir das 22:00 e ata que hora?

Para min que algun veciño e un pouquichiño envidioso, e a algun igual o pescaron levando a basura o paseando o can demasiado contentiño...

Mira que atopas cousas raras eh?

E para cando unha saidiña fotografica alá por Chantada? por exemplo...

fgul dijo...

mmmmm Nos tiñamos unha "presbituta" no edificio, e había unhas colas nos corredores que para que contarvos. A xente sentábase nas escaleiras agardando turno. Era digno de ver...

Chousa da Alcandra dijo...

Eu penso que os dirixentes de esa Comunidade, o que pretendían era anunciar que non lles viña ben que o seu edificio fose considerado un puterío; e -aproveitando que o Búbal pasa por A Barrela- tamén deixan caer que os non putos-as, que non bramen tanto cando f...., carallo!!!!!

Zeltia dijo...

¿ainda está aí o cartel?

:-)

Raposo dijo...

Ou sexa que se prohibe a prostitución si como consecuencia da mesma se fai moito ruído, pero si se fai en silencio non pasa nada.
Vale, pois eu estou caladiño como un peto!!!

LM dijo...

e logo nom lhe podia ponher o anuncio na caixa de correios...? seria um bocadinho mais discreto...

beijos