viernes, 10 de julio de 2009

O Conxuro da queimada

"Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras. Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada."

Asegúrovos que non quedou nadiña, e pronto pasamos do conxuro ao aturuxo.

13 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Sabio é o conxuro: non esquece aos que estamos fóra ;-) ;-)

Unha aperta dende o inverno.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Os mouchos e mailas curuxas, os sapos e mailas bruxas...beberían algunha vez unha queimadiña?.
Quenta o ánimo e alixeira o espíritu ; pero din que baixa a tensión arterial. En todo caso sempre é mellor que a baixa (a tensión!!!!), que o contrario...
Bebamos pois

BRABIDO dijo...

Ë un brebaxe milagreiro,saca os cansancios e dache unha forza que non vexas.

PRAADIANTE

Merce dijo...

Estasme a dar unha idea para esta noite, unha boa queimadiña para escorrentar os malos espritos :)

mmmmmm que rica!!!

Carlos Sousa dijo...

Fai tempo que non tomo ningunha, pero lembro que sempre empezaba alguén coa coña do conxuro, pero nunca se daba acabado. A queimada si que se daba conta dela.

É unha boa sinal que te inviten a unha xa a queimada é sinónimo de festa.
Saúdos

Casía dijo...

aisssss esas queimadas,con buen orujo, aquí entre amigos el de grandas de salime

Paz Zeltia dijo...

a queimada e o que ten, que vale para o inverno, que quenta o corpo, e para o verán que quenta a alma.

'bo proveito!

Deambulando con Artabria dijo...

Teño que facer eu un día a queimada. Apunto o conxuro para a ocasión.

Raposo dijo...

Créocho, créocho!!

Cuspedepita dijo...

E despois de acabar coa queimada os ollos alumeaban coma estrelas, ben sei... ;-)

Que o pases moi ben por Lanzarote.
Eu quero ir tamén, pero será para a próxima. Unha semana non da para máis.

Apertas

paideleo dijo...

Como ten que ser !.

Anónimo dijo...

Hace tanto que no tomo queimada...

LM dijo...

um bom aturuxo precisa dos esconxuros!
beijos