As normas nacen coa promulgación, crecen enriquecéndose (con novas aportacions, con debates políticos ou técnicos), reprodúcense coa xurisprudencia e outras fontes de interpretación, e morren coas derogacións.
E sempre ha de haber uns controladores de que as normas pasen por todas estas fases naturais e que velen pola sua aplicación que, xunto con un réxime sancionador, aseguren o seu cumplimento por todos nós. E consigamos vivir todos dun xeito non anárquico. Parece un proceso lóxico.
Pero claro, cando quen ten que controlar que o fin sexa o cumplimento das normas contando con sancions como medio, se adica a colocar como fin a proposición de sacións empregando como medio, ou como excusa, o cumprimento das normas, entón complicase todo.
E complícase tanto que nin cumpren as normas os controladores nin os controlados. Vivimos todos un pasiño mais cerca da anarquía.
Foto: Penedo penado
13 comentarios:
A vida é unha estrada con altos,baixos,curvas e rectas.
Pa circular ae que cumplir as normas porque se te pasas de velocidade,alcohol e demais xa sabes.
O triste é cando te enteras de que entre eles(os verdes) ou amistades as cousas solucionanse sen haber sancion,e logo os paisanos que non temos padriños tocanos apochinar.
Non ae mais que collela prensa é se non aparece un policia ou politico, e de altos cargos,involucrado en estafas e pouco.
E A SABER O QUE ESTA SEN DESCUBRIR
PRAADIANTE
PEnada por la ley????
Non se andan con bromas eh....
DE todas formas, algunhas normas están para romperse, ou non??
Aaaa! pois quen ti ben sabes, na casiña non cumpre coas normas, calqueira dia distes poñolle unha sancion jejejeje
Bicos
Din que as normas fanse para rompelas; e rómpense, eso si, sen que sirva de precedente pero o final sirve.
E logo están os que se moven por enriba do ben e do mal, por encima das normas e das leis, y poderoso caballero es don dinero, y si te he visto no me acuerdo.
Total, que esto é todo unha carallada: vou tomar outro chupito.
Din que o novato coñece as normas e o veterán as excepcións...
Supoño que haberá muito veterán espabilado por aí adiante...
Todos somos iguáis ante a lei, ou sexa que calquera que non cumpra as normas ten que pagar... Debería ser así, pero queda claro que hai moito enchufadillo, que se pasa a lei polo forro dos...(poñamos traxes, por exemplo).
Así está a cousa, case que me vou co raposo a mandarlle un chupito.
O que fixo a lei fixo a trampa, di o saber popular...
Apertas, filósofo!
Brabido. Tes toda a razón. E si o que se sabe é o que é, o que non se sabe ten que ser......mmmmm.
Artabria. Esta norma está onde está para rompela. O que che pide o corpo cando ves tal cousa (o penedo penado) é romper a norma, e dicir, partir en tres pedazos o penedo. Pero claro, aparte de que che pode caer o penedo enriba tamén che caerá todo o peso da lei.
Merce. Eu aconselloche que lles poñas un letreiro deste estilo e a ver que pasa.
Raposo. Carallo!!. Que bon é ese licor.
Paideleo. O que hai por ahí adiante é moito novato espabilado por ahí adiante.
Carlos Sousa. A lei pretende que todos seamos iguais ante ela. Pero claro, despoís uns son mais altos que os outros. Mandalle outro!!!.
Chousa. O malo non é a trampa que fixo o que fixo a lei. O malo é a lei que non fixo o que fixo a trampa e que se aplica con rango de lei ainda que non o teña. Vou tomar outro chupito.
Saudos para todos.
ditosas normas (diria Homer)
pois isso... a buscar a experiencia e a trampa!
beijos
Eu xanon seique decir,non vaia ser que incumplaalgunhalei, e se me castigue. Aperta
TRES GARDAS CIVÍS DETIDOS EN UNHA OPERACION ANTI-DRAGA,é estes son os que nos teñen que darnos exemplo,pois vamos amañados oh.
PRAADIANTE
bueno ho... pois eu penso que no pecado leva a penitencia.
vamos, que as normas son precisas para circular co coche por exemplo. un supoñer. precisanse normas para protexer ós débiles, porque se non os abusóns abusarían moito mais do que abusan. os que temos cousas queremos que non no las rouben, mais normas... pero eu penso que seguramente mais da metade sobran!!
total, para o caso que lles facemos...
Publicar un comentario