miércoles, 27 de mayo de 2009

Nerón


Arde Roma co mellor equipo do mundo.


¡¡ÁRDELLE O EIXE!!

13 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Teño que sacarme o sombreiro, aínda que me fastidie bastante, sodes os millores. Xa viran tempos millores... ou espero (a ver se son por conta do meu Celtiña).

Non sei latín, un amago; "un saluto"

Paco Penas dijo...

Non son do Barça pero disfrutei como se o fose. Ata aproveitei para non ir traballar :-)

Anónimo dijo...

Aproveitade esta racha....de sorte....que xa virán outros tempos.
Felicidades aos culés (con tilde na é).

Anónimo dijo...

Visca barça!!!!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Súmome aos bos consellos dos que che din que gardedes algo de ledicia para momentos menos propicios.

(Non oiches os petardazos que botaban en Antas onte á noite?. Moito culé debe haber por aquí tamén)

Deambulando con Artabria dijo...

A min non me gusta o fútbol, pero non queria que gañara o Barcelona, jaja, tendo en conta que son rencorosa e no 94, cando si me gustaba o futbol e ía a Riazor, din que o Barça lle pagou ao Valencia para que o Depor non gañara a liga.......

Barreira dijo...

Carlos. Este equipo é unico. E non sería xusto que non gañara todo. A diferenza en xogo foi sustancial.
Paco Penas. Non hai como apuntarse a todas as festas, ainda que sexan de seguidores do Barsa (que por certo, foron os únicos que celebraron algo).
Anónimo. EEEEEEEEEE.... claro que aproveitamos.... e deica o ano xa veremos se repetimos. Pero mentres......
Avelaiña. Nótote especialmente contenta. ¡Árdelle o eixe!.
Chousa. Esto eche como o programa de "supervivientes" cando lles dan de comer unha hamburguesa con mostaza. Levan tanto sen comer que atragoan......logo failles mal por atragoar..... e ao dia seguinte fame de novo. En fin, que cando che poñen a hamburguesa diante hai que comela. E os fogos non os oín pero imaxino que serían grandiosos. Non sei se hai moitos cules en Antas pero o que si que hai son fogueteiros.
Artabria. No 94 pagaronlle a Djukic para que fallara o penal, o Valencia non viu un can (nin unha cadela).

BRABIDO dijo...

Recoñezo que as tres copas ganaronas sobrados,e o de Pep iso é "chegar é bicalo santo".
Non son nin do barsa nin do madrid,pa gustos colores,o meu é o Celta e mailo C.F.C.AREAS ,deste ultimo son socio de pequeno,que xa estamos en terceira e uns aniños mais é a liga xa non vai ser cousa de "dos".

E como uns grandes,esta noite festa rachada pa celebralo ,bueno vale unha pequena festa ,veña,algo e algo xa que nos non temos a os presis "LA""FLOR".
Pois iso barreira a celebralo.

PRAADIANTE

Barreira dijo...

Brabido. Efectivamente o de Guardiola é impresionante. A ver si continúa por esta senda ou foi un golpe de sorte.
E xa estou desexando que o Areas estexa na loita. Pero seguirá sendo cousas de dous a liga: o Barsa e o Areas (jejeje).
A festa ha de ser con moderación. Non como ese que tiraba petardos de ledicia e perdeu tres dedos da man, un por cada titulo do Barsa. En fin.

Deambulando con Artabria dijo...

Ai, Barreira, non estou de acordo, pero como a nós si que non nos van pagar........

BRABIDO dijo...

Teño unha gran duda ,penso que vivir con ela e complicado,podoche facer unha pregunta,xa te vexo decindo que si.

Polo tanto ai vai ¿A cantos santiños lle foche rezar pa conseguir o triplete?

Teño intriga xa que o ascenso do AREAS( segun un comentario nun que ti visitas) disque se debe as suplicas dun veciño a san benito é seica fixeron efecto,"como te pos"
JA JA JA JA JA JA JA

VER PARA CRER

PRAADIANTE

Ninsesabe dijo...

Eu son do Athletic, pero non parvo e gústame o fútbol.
Así que estou contento, porque este equipo xoga ao fútbol.
O que é moito de agradecer.

Raposo dijo...

Non son culé pero hai que recoñecer que este ano daba gusto velos xogar.