jueves, 7 de mayo de 2009

Giveaway of the day

Non. Non se trata do novo filme de James Bond.
Quero compartir con todos vós esta páxina web que me pareceu sorprendente. Trátase dun sitio onde todos os dias se pon a disposición de todo o mundo un programa comercial con licencia de uso para a sua descarga de xeito gratuíto.

Hai que descargalo durante 24 horas, pasadas as cales xa non o podes descargar gratuítamente posto que xa está colgado o programa do dia seguinte.

Pemitenos conquerir programas de xeito legal, con licencia de uso como dixen, e sen desembolsar un euro, nin dar datos ninguns, nin nada de nada. Simplemente acceder á paxina, pulsar o boton descargar programa, si nos interesa, e listo. Funciona e non hai segundas partes, nin trucos. E está en cristiano. ¿Que mais se pode pedir?

A idea paréceme moi boa e por iso a comparto con todos. No widget que poño no lateral aparece todos os dias o programa disposto para descargar. Este widget facilitase na propia páxina web para quen o desexe.

Enlace: http://es.giveawayoftheday.com/

13 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Interesante idea, algo sempre se aproveitará. Así tamén te aseguras a miña visita diaria. Supoño que a sociedade de gandules non lle importe, jeje.

Iso de "Ave Barsa..." xa non me gusta tanto. Anticulé que é un.

Un saúdo.

BRABIDO dijo...

Dende logo esta paxina non ten desperdicio,sempre podes atopar algun programa que necesites e mais sendo sin soltar un farelo.

Espermos que non se enteren "os gandules"

Gracias polo comentario
Deica logo

Barreira dijo...

Carlos. Eu son culé e teño que aproveitar agora que ven o vento de cu. Igual mañán ven de cara. E claro, para ir á conquista de Roma fai falla aprender latín. E a sociedade de gandules seguro que lle importa pero non vai poder meter man aqui porque os programas comerciales son cedidos para este fin polos seus creadores.
Brabido. Efectivamente si algo che interesa podes obtelo gratuítamente e con licencia de uso. Como debe ser, vamos.
Saudos

Chousa da Alcandra dijo...

Joder machiño!, que susto me deches!!!.
Caghonatós, cando vin este título do post pensei que te morderas a lingua ó comer un torresmo e que a mutilación che impedía falar con xeito.
Non me deas eses medos, carallo; que ben sabes que te aprecio moito e sufro con estas cousas, e un xa non está para estes trotes...

Barreira dijo...

Chousa. Ti ainda estás pa moitos trotes oh!!!. Non para correr pero para trotar si oh.
Saudos.

Raposo dijo...

Pois si que é interesante. Haberá que visitalo con frecuencia que seguro que hai programas que interesan.
Grazas pola información.

Paz Zeltia dijo...

pero iso será con un fin comercial...
e que eu tendo a desconfiar de todo o que me dean gratis!
galega que che son.

:-)

ó de hoxe xa lle botei un vistazo, e non me interesa, pero cando veña visitarte, pasarei pola sección de ofertas, logho!!

jajaja

(a todo isto, gracias por compartilo con nos)

Anónimo dijo...

Pois qué ben. Estou farta de buscar na rede programas antivirus e outras moitas cousas que che din que son gratis e logo tes que enviar un sms ou dar o número de conta para poder acceder a eles.
Voulle botar unha visual!
Un saúdo!
P.D. falando con algún amigo que estivo en Cuba hai pouco, comentaba que os cubanos non poden trabar amizade cos turistas, e moito menos levalos ás súas casas. Estes amigos estranáronse de ver pola Havana moitísima xente en muletas. E preguntaron cal era a razón de que houbese tanto lisiado. Dixéronlles, en confianza, que o réxime deixaba taras físicas nas persoas que infrinxían as normas castristas. Infraccións tan absurdas como invitar a un español a un trago.

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois grazas pola información e pola túa visita.
Bicos.

Merce dijo...

mmmmmm voullo contar todo ao teu curman. Xa vexo xa, tirando pola familia... jajajajajaja

Carlos Sousa dijo...

Boa semana Barreira, chafousevos a festa onte no Camp Nou, e no desconto. Espero que sexa unha premonición do que pase o mércores.

Je,je, ti perdoa, pero xa sabes, anticulé que é un.

Saúdos

Barreira dijo...

Carlos. Pois a verdade é que merecian perder a liga. Non hai peor cousa que verse sobrados. Asi solo se lle gaña ao Madrid, pero ao Vilarreal non.
Pero bueno, menos mal que a liga vaino-la dar o Madrid o fin de semana que ven.
Asi que quedan dous partidos para conquerir o triplete. A ver que pasa.
Saudos.

LM dijo...

ala, já a peguei nos favoritos!
beijos