Hoxe, dia 13 de Maio, é o dia de Fátima. En moitos lugares de Galicia e Portugal se celebra esta festividade e se honra a esta virxe.
É unha excusa perfecta para visitar algún dos santuarios que albergan a sua imaxe e así venerala. Pero si non se pode asistir non hai problema porque agora podes seguir a novena en directo por internet. A parroquia de Fátima en Ourense ven de por en marcha esta iniciativa para que fieis de todo o mundo podan seguir os actos litúrxicos.
A Igrexa non mira para outro lado en relación coas novas tecnoloxias e incorpóranas as celebracións. Espero que deixe de mirar para outro lado noutros aspectos da vida que evolucionan inexorablemente.
Só falla que se emita a misa dos domingos. Así non haberá excusa para non asistir á misa. Ainda que a min o cura diciame de pequeno que ver a misa pola televisión era pecado....... pero non mortal.
Si queredes asistir á misa virtual: http://www.novena09.es/
É unha excusa perfecta para visitar algún dos santuarios que albergan a sua imaxe e así venerala. Pero si non se pode asistir non hai problema porque agora podes seguir a novena en directo por internet. A parroquia de Fátima en Ourense ven de por en marcha esta iniciativa para que fieis de todo o mundo podan seguir os actos litúrxicos.
A Igrexa non mira para outro lado en relación coas novas tecnoloxias e incorpóranas as celebracións. Espero que deixe de mirar para outro lado noutros aspectos da vida que evolucionan inexorablemente.
Só falla que se emita a misa dos domingos. Así non haberá excusa para non asistir á misa. Ainda que a min o cura diciame de pequeno que ver a misa pola televisión era pecado....... pero non mortal.
Si queredes asistir á misa virtual: http://www.novena09.es/
12 comentarios:
Pois vou correndiño palá, que non me perdo a novena por nada do mundo,jeje.
Ti o dixeches, so se modernizan para o que lles interesa.
Gustaríame que miraras estes dous post sobre A Franqueira que puxen hai tempo cando aínda non nos coñecíamos. O meu amigo Manolo (cura de Areas) mosqueouse todo.
O segundo é unha especie de "rectificación" que lle fixen.
Bueno, pois alá eles, case que en vez de ver a novena, voume preparar para o partido, non sufras moito.
Un saúdo.
ummmmmmmmmmmmm....case que non....outro pedazo de negocio o de Fátima. Unha vez vin unha reportaxe que me deixou abraiada, sobre as velas que se venden en Portugal, en forma de man, de pé, de perna....brrrrrrrr
Supoño que hai que adaptarse os tempos,en todalas institucions.
O de ver é escoitar un acto religioso,por internete vexo normal,xa que ai tempo que se transmiten pola tv,de ai que se faga,como rutina, cara as parroquias é non parroquias teño miñas dúbidas.
Logo xa non tendrian os ingresos das veliñas ( antes de cera, hoxe automaticas que ó seu mecanismo funciona..,bueno vale,segun o peso do farelo "euro" ),propina po monaguillo,venta de figuras de cera,.....
Se tés o mesmo parroco preguntalle ,se era pecado porque a retransmitian.
Os camiños do Señor son inexcrutables (cando era rapaz moito me comía o coco con esta palabra, pensando que eran camiños cheos de silvas e toxos bravos). Un día destes haberá que crear o Obispado Virtual; se para daquela se pode eu penso que podo ser un bo candidato a esa prelatura.
Hai que postularse!.
Carlos. Lin os post que me dis e quedei ¡abraiado!. E o da rectificación, como ti lle chamas, non deixa de ser unha opinión mais. Pois nada, matrix na igrexa.
Hadex. Todas estas romerias que reúnen a moitas almas penitentes, atopanse sempre con almas caritativas que lles dan penitencia a cambio de cartos. ¿Que mais se pode pedir?.
Brabido. O cura dicia que a misa de TV era para os que estaban enfermos e non podían ir á igrexa. Eu enfermo non estaba, pero os domingos pola mañán tiña moito sono.
Chousa. Tan inexcrutables son eses camiños que ata se meten polos fios da liña telefónica. Para o obispado virtual conta co meu voto, que ben sei que serás un bon bispo. E, como ben sabes ti, de bispo virtual a papa pequeno pero gran paso.
Saudos a todos.
Se chousa se fai cura, eu quero ser sancristán.
¡Ten cada cousa...!
pois a min moléstame, que a igrexa sexa tan moderna para unhas cousas, e tan conservadora para outras realmente importante.
non falo dos cristiáns, falo da institución: toda esa influenci que ten en tanta xente, tanto tanto como poderia ter feito hoxe en día, cos medios que hai, e ver como camiña, a liña que sigue..pareceme que debería ser ilegal. Son do peoríño. ía dicir unha grosería respecto a misa de fatima e das outras, pero non o fago por respeto o teu blog, e a cristiáns que levan mal a críticas. porque hai cristiáns que sen deixarde selo, ven a realidade e desinten da súa xerarquía.
Paco Penas. Chousa o de cura xa o ten superado. El vai para bispo directamente. Asi que si queres a vacante de secretario do obispo tamén podería ser. I eu aconselloche esa, mais que nada pola remuneración. Así poderedes unha caridade en función da retribución e acorde co nivel de santificación acadado. Como ves esto é moi parecido a un xogo de rol.
Zeltia. Estou dacordo contigo. Eu coido que, no que á institución se refire, a igrexa sabe estar cos tempos cando lle interesa, e sabe poñerse de costas cando lle ven ben. E como sempre, un bon incentivo para mover as suas poleas son os cartos. Por certo, neste blog cabe todo tipo de opinión. Así que anímate e di a barbaridade que ias dicir.
Con Deus.
Creo que vou pasar da suxerencia........pero é abraiante como ata a igrexa se moderniza a pasos axigantados.
Caramba, por eiqui diante pasoche eu todolos dias, mañan e tardiña :)
Sabes que de moza encantabame ir a procesión? (ainda son moza so que un chisquiño menos jejeje) e sabes por qué? pois porque quedabamos as amigas e logo a procesion remataba na Catedral, ao ladiño xusto da rua dos viños jejejejeje e así dabamos unha voltiña ate as tantas :)
Segúndo teño ententido, a misa xa se emite cada domingo pola dúas de televisión española...(eche o que ten ter unha avoa case beata)
Por outra banda, penso que a Igrexa necesita urxentemente cambiar a súa política de medios de comunicación se quere conservar fieis ou captar novos adeptos e modernizar non só o linguaxe, senón tamén a ela mesma. Resulta que a institución tamén é un producto que para moitos, debería de "venderse" cunha boa campaña de publicidade. A estas alturas non se pode seguir proclamando que o preservativo non é o camiño para protexerse do sida.
Antiguamente tambien en un pueblecito de Asturias llamado Cezana se conmemoraba esta fiesta con misa y procesion, pero se ha perdido y es una pena,el pueblo queda en Belmonte De Miranda y nadie sabe el porque de la advocacion a esta santa
Publicar un comentario