viernes, 22 de mayo de 2009

Concurso-Sorteo Fin de Semana en Galicia


Que non decaia!. Para que non se vos olvide, ainda se pode pedir número para o concurso dunha fin de semana nunha casa rural galega, promovido por un blogalego en Catalunya: "Sempre en Galicia". O seu autor é Xulio, un locutor de Radio Cornellá que fai nese país un programa de radio integramente en galego. E neste sitio web conta todos eses programas, para quen non podemos escoitar esa emisora, por causa da distancia.

Eu xa teño número, pois díxome desta iniciativa o blogueiro, armadanzas onde os haxa, Chousa da Alcandra. E teño un número ben chulo para que o dia 14 de xuño saia agraciado nalgunha das casas participantes: 0 25 (o cuarto dun cento).

Todos os que queirades participar somentes tedes que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com solicitando número, según as bases indicadas no blogue de Xulio. Así que, si ainda non o fixestes, anímovos a conquerir número, xa que os premios son moitos e bos:


  • Casa 1-Xanela da Lua: Pequena e acolledora casa rural, con suxerente e acertado nome, situada na mesma costa da Morte, en Lira (Carnota). Ao pé maior horreo de Galicia, con rivalidade coñecida co horreo de Carnota, moi próximo. Ao pé da praia de maior extensión de Galicia. Casiña de seis habitacións e que conta con vistas cara o mar bravo e grandioso da costa da morte.

  • Casa 2-Santa Maria da Ponte: En Viana do Bolo (Ourense), e nun entorno cunha fermosa paisaxe, á beira dun castiñeiro centenario, unha das arbores mais emblemáticas de Galicia, atopase este hotel spa. A estancia combina descanso e aventura, pois se inclúen no prezo da mesma rutas en bici e de sendeirismo.

  • Casa 3-Hotel Vila de Viana: Situado praza maior da vila de Viana do Bolo (Ourense). Aparte dos servicios propios dunha casa de turismo teñen unha xoiería que pretende recuperar a tradición familiar, posto que os antepasados dos propietarios rexentaban outra na mesma vila.

  • Casa 4-Hotel restaurante A Nosa Casa: O nome poderianos indicar que estemos en calquera vila de Galicia, posto que é un nome moi empregado para este tipo de negocios na nosa terra. Neste caso estamos, de novo, en Viana do Bolo. O cocido e as androias son o estandarte desta casa. Todo un luxo gastronómico.

  • Casa 5-Hotel O Retorno: Tamen situado en Viana do Bolo. Acordome neste intre de cando tocaba na Banda de Musica do meu pobo e fomos a tocar a Viana do Bolo. Acordome de dar os pasarruas e a procesión por unhas ruas moi empinadas, que coa xunto coa calor que facía aquel dia, si que mereciamos descansar, por exemplo, neste hotel.

  • Casa 6-O Mirador da Ribeira: Situado en Viana do Bolo, cunha galeria que chama a atención. Na Rua Santo Cristo atopase esta casa que seguro fará as delicias dos seus hospedes.

  • Casa 7 - Casa Rural Rosalía: Situada en Lobios, en pleno parque natural. Un lugar para pasar uns dias nun entorno privilexiado. Rosalía estaría encantada de escribir uns versos adicados a estas terras.

  • Lote de productos-Queixos do Xures: Queixos feitos artesanalmente con leite de cabra que se alimentan no parque natural serra do Xures-Baixa Limia, no sur de Ourense, e sal. Todo un luxo para o agraciado que poderá probalos. A quen non lle toque pero lle apetezca probar pode acceder á sua páxina web onde os poderá mercar, aparte de facer outras moitas consultas. Unha páxina cun deseño amigable e pola cal quero felicitar ao promotor da mesma.

Iniciativas deste tipo han de contar coa nosa colaboración e apoio, para que cada vez se fagan mais grandes e variadas. E para que Xulio, artífice desta idea, vexa recompensado todo o seu traballo, que non foi pouco.


¡ A PARTICIPAR TODO O MUNDO!

11 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Coñó!! Ti si que o curraches, menudo post che saíu. Como se enteren os donos das casas xa te contratan como publicista.

O número 25 non está mal, pero coido que é millor o 19, entre outras cousa porque é o que teño eu, jeje.

Barreira dijo...

Carlos. Jajaja, a ver si me traen o almorzo á cama, porque o 25 dame a min que vai sair. E seguro que o 19 tamén.
Saudos

Deambulando con Artabria dijo...

eu ando un pouco perdida con este concurso, pero bueno, eu xan teño publicidade do concurso no blog e pedin o meu número.....

Paz Zeltia dijo...

Pois eu teño o 003
ides quedar mirando para min!
:-)
ei, Carlos, eu tamén fixen un post ben chulo, eh eh, sen quitar mérito a ninguén!

Que alguén lle diga a Artabria que ten que enviar un email para que Julio lle mande o número! ten unha que facelo todo:-)

Raposo dijo...

Vaia, vaia,moi interesante. Pois haberá que participar.

Chousa da Alcandra dijo...

Xa era hora de que traballaras un pouco, carallo!.
(Por certo, a emisora de Xulio sí que se pode escoitar a través de internet. No meu blog hai un link dela. E mañán-sábado ás 18:00 podedes estar atentos ao programa).

Apertas do armadanzas

Chousa da Alcandra dijo...

Por certo, que saiban vostedes que eu vou xustiño despois de Zeltia (number 4); así que cando o escoitedes o día 14...xa sabedes!!!

Barreira dijo...

Artabria. Pero ainda non tes o número????. Bule, que se acaban.
Zeltia. Ti ben sabes que "non por moito madrugar, amence mais cedo". Ti co teu 3 i eu co meu 25 moito ruido imos facer.
Raposo. Mecagho..... axiña que o dia 14 de xuño está ao caer.
Chousa. O premio é para duas persoas, así que si che toca o dia 14..... a quen has levar contigo????. Vexote con dubidas i eu estou aqui para aclararchas todas.
Saudos para todos e sorte..... despois de min.

Carlos Sousa dijo...

Ei Zeltia!! que a ti xa te feliciten cando fixeches o teu post!! Fixestes os dous un chollo ben currado. Non coma min.

Por certo Barreira, que lle pasa o teu admirado Eto´o, que vai perdela bota de Ouro, jeje, que malo sou. (Teño que aproveitar con estas minucias, porque por outras cousas non podo vacilar, nin polo meu Celtiña)

Unha aperta.

Barreira dijo...

Jajaja. Carlos, supoño que coa Champions quedará visto para sentenza.

Son Unha Xoaniña dijo...

A ver si temos sorte con este concurso,
¿alguén sabe que foi do concurso "ferve a rede"?
Apertas.