A velocidade coa que as novas tecnoloxias nos invaden é abrumadora. Facilitannos moitas tarefas cotians, e somos incapaces de vivir sin estes aparellos. ¿Imaxinadesvos unha vida sen movil 3G con UMTS, 5MP e 1 GB?, ¿sen televisión de 32, LCD, FULL HD, dolby surround?, ¿sen unha camara de fotos REFLEX con ISO 1600, 58mm, tarxeta SD, formato RAW?, ¿sen unha Breadman na cociña que so lle hai que dicir que queres comer e ela faino para hora que ti desexes e sen rechistar?, ¿como escribiría eu estas liñas sen un ordenador 1,8 Mgz, 2Gb RAM, HD 320 Gb, WIFI, Bluetooth, lector SD?, ¿sen DVD, BlueRay, Playstation, WII, Parrot, e un largo etcétera de cousas modernas?.
Dificil vivir sen estas cousas, verdade?. Parece incrible que nosos pais puideran vivir sen nada disto e moito mais felices que a a xeración do "corre corre que te pillo", ou a de "tonto o último", que ven a ser o mesmo. E curioso ver como con tanta cousa moderna non somos nin capaces de disfrutar delas porque como nos fan todo tan rapidiño e tan ben non nos podemos parar a disfrutar desas cousas tan feitiñas.
E ata somos capaces, como dice un bon amigo meu, de descifrar o xenoma completo da mosca e sen embargo ainda teñen que pinchar cunha agulla o demo de grande a un pequecho para porlle unha vacuna.
Tecnoloxía dirixida e interesada que nos leva a cunha velocidade que asusta non sabemos cara onde, pero que nos leva cara un lugar ao fin e o cabo.
¿Será ese lugar un sitio mellor?; ¿chegaremos algún dia a disfrutar de todo o que nos rodea moito mais que o facían nosos pais con todos estes trebellos?, ¿algún dia non se precisará da man human para ningunha terefa porque as máquinas faceran todo por nos?, ¿seremos entón tan inutiles?. Mentres nos diriximos a ese lugar descoñecido que cada quen disfrute, mentres poida e o tempo llo permita, claro.
Polo de pronto eu permitome disfrutar dunha imaxe conseguida cun destes trebellos modernos. Claro que hai quen pensa que como ver "in situ" o resultado dunha fotografía nada que se lle pareza. Sobre todo tendo en conta que si o disfrutamos "in situ" é que temos tempo para facelo; e tempo é o que nos falta.
Foto: Suxerente imaxe que se disfruta mellor "in situ", e mais se eres o comensal que está diante do prato.
6 comentarios:
Xa imaxino que o disfrute é moito máis grande tal como ti dis, sobre todo se "no situ" tamén temos boa compañía...
Con respecto ás denominacións da tecnoloxía máis punteira, todo soa moito máis grandilocuente no idioma de Shakespeare, xa que se o traducimos é como se o despelotásemos. Como ben sabes, fíxate que alarde de inxenio tiveron os de "maicrosoft" cando ao seu maior invento do mundo mundial lle puxeron VENTANAS. Claro que ó dicir güindous xa parece que é outra cousa infinitamente máis importante.
Unha aperta Barreira!
...por abundar máis no asunto dos nomes de productos de tecnoloxía punta; cando fundemos ti e mais eu esa grande empresa de I+D+i+algomaisainda, podemos poñerlle de nome "Fueiro2009", ou "Ladrairo010".
Eso en New York ou en Kioto ten que arrasar. Vaino pensando.
Benquerido Chousa. Ti sabes tan ben coma min que os americanos son moi imaxinativos á hora de por nombres ás cousas que paren. Grandes xentes do marketing práctico. "Windows" porque o seu funcionamento se basa en ventanas. "Windows vista" porque polas ventanas temos unhas vistas excelentes, por iso é tan caro, ao igual que os pisos que por ter boas vistas pagas un 50% mais. Iso si, logo non temos tempo para mirar polas "Windows" polo que a "Vista" pola que pagamos un huevo non nos serve para nada. O mesmo pasa co "Windows Vista" que pagas un huevo por él e logo non empregamos as "vistas" para facer mais rendible o noso traballo co "computer" ou computador (en galego seica é así). Por certo, como en America nos tratan como galegos=tontos nos agradecemosllo introducindo un americanismo tal como "computador"; e que "ordenador" empregano os de Ponferrada e nós non vamos usar ese termo. Que me leve o demo se non era mellor empregar o termo "computer" tal cual.
Cousas da lingua-tecnoloxía.
Saudos meu amigo.
Chousa. Ti si que coñeces os impulsos consumistas dos americanos do norte. Mais atinado non pode ser esa denominación comercial, tanto que se vende soa. Non fai falta ser proactivos.
Saudos.
Chousa, que prontiño eres co término "no situ", jajaja.
O teu ben querido amigo Barreira moito fala das novas tecnoloxías pero él é un dos que as disfruta "in situ" e "no situ"; sen elas non che vive, bueno hoxe en día case ninguén, porque eso de saír da casa sen o móvil xa parece que non levas nada e realmente non é así pois quitariaste moitos "pesos" de encima.
Un saudo para Chousa (por certo parabéns polo teu blog, ti si que estás feito un poeta) e para Barreira.
Graciñas polos parabéns cara o meu blog, Anónimo. Podes achegarte á Chousa eh. Ainda que me estou quedando sen follas, ó abrigo dos carballos e castiñeiros sempre se está mellor ca intemperie.
Publicar un comentario