miércoles, 26 de noviembre de 2008

O pracer do traballo ben feito


Ultimamente disfrutamos cada vez menos do traballo ben feito, e olvidasenos que o mesmo "ben parece".

Estes dias, que estiven de vacacións ao calor das illas afortunadas, coincidimos cun guia nunha excursión, que é o exemplo de como se disfruta do traballo ben feito.

O home, chamado Rafa, entrañable canario, e simpático coma él solo, ademais de intelixente e bon comunicador, é o reflexo de como me fixo disfrutar a min e coido que a todos os que álí estabamos durante todo un dia.

A sua profesión recoñecida é a de medico naturista, con un coñecemento da flora da illa moi profundo. Contounos mil e unha historias das plantas que viamos. E un autodidacta da xeoloxía, da socioloxia, da antropoloxía, e de todos os aspectos que a él o atraen: as Illas Canarias. E claro, todo elo fai que sexa unha fonte de sabedoría, o cal unido a sua facilidade para transmitir o que sabe fan dunha conversa con él todo un privilexio do que eu me sentin afortunado, por suposto.

E toda esa inmensa tarefa, ese aprendizaxe, esa fonte de coñecementos que este home atesoura, e a sua transmisión a todos os que teñen a sorte de compartir unhas palabras con él, gustalle enormemente polo que cada vez que comparte con alguen todo o que sabe, ten mais claro que debe seguir profundizando en todo o que a él lle gusta porque sabe que é capaz de conseguir que a xente disfrute con él. É un claro exemplo do traballo ben feito, do gusto que da facelo ben, e da cantidade de cousas "gratuítas" que é capaz de facer un traballador a gusto co seu traballo para a empresa na que se atopa.
Aspectos todos estos que cada vez se lles olvidan a moitos empresarios, primando as ganancias rápidas, que lles permiten sair moi ben na foto, pero que á larga implican situacións de incomodidade para case todos, incluídos eses mesmos empresarios.

E para mostra a crisis que estamos a vivir, resultado de decisións de moitos empresarios e directivos sesudos, encamiñadas a conseguir beneficios a curto prazo, encargando aos seus traballadores tarefas sen sentido que non entenden, pero que fan con un total descontento e que nos levaron a onde chegamos. E o que nos queda.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou completamente de acordo coa tua reflexión sobre o traballo ben feito, pois canto máis nos gusta o noso traballo mellor o podemos chegar a facer; traballar a gusto e con ánimo é uns dos requisitos básicos para que o noso traballo dé bo fruto e do que todo o mundo debería poder disfrutar. Pero por desgracia iso pasa moi contadas veces, coma no caso do gran "Rafa" do que eu tamén tiven a sorte de poder disfrutar da súa sabedoría sobre moitos aspectos da vida, non só do que estudias, senón de todo en xeral. A experiencia vivida é a mellor escola da vida, nin universidade, nin escola (todo axuda claro está).
Como ben decía, non me extraña que a maioria da xente vaiamos a disgusto a traballar pois o que nos esixen e pretenden que fagamos non tén nin pés nin cabeza, nin eles mesmos saben o que piden, pero son os que mandan e así estamos como estamos. Como din por aí "donde hai patrón, non manda mariñeiro". Felicidades polo blog Barreira!

Chousa da Alcandra dijo...

Canta razón tes, meu rei!.

O que lles acontece agora a certos directivos de determinadas empresas é que queren apañar as patacas antes de sementalas; e claro, a quen volven tolas son ás vacas!!!

Ti que coñeces algunha botica que ainda sabe elaborar medicamentos, a ver se lle dis que prepare uns caldeiros dunha mediciña moi necesaria para eses directivos: cordura.

Unha aperta, Barreira!

Sorro dijo...

Falas bem ti, fala bem o Anónimo e bem fala tamben o Chousa. Nunha chousa virtual foi onde lin precisamente isto, q tamben fale ben de caralho:

http://chousa.blogaliza.org/2008/11/09/j-joubert/

Sorro

LM dijo...

o tempo pom as coisas no seu lugar. acho que esta desidia e mal fazer será aturado pouco tempo e logo voltaremos ás raizes.
beijos