lunes, 22 de diciembre de 2008

Que Deus nos guie!


Nunca tanto significado tivo a famosa frase, que ata se coloca nos parasoles dos camións, coma no vehiculo da imaxe. Un autentico "altar movil" que deixa pequeno o "papamovil". O GPS nesta caso consegue a sua maxima expresión posto que de verdade quen nos guia xa non é o conductor porque xa non ve a estrada con tanta cousa. Será Deus e mais todos os santos quen nos guien, e falta facera toda a axuda para chegar a bon porto.

Coido que na proxima reforma do codigo penal xa se vai incluir como delito o xesto de facer o sinal da crus mentres se conduce. A dubida agora mesmo está en saber cantos puntos nos van sacar.
Por si alguen non se deu conta o coche é un Fiat Uno, vehiculo pequeno por fora pero grande por dentro. E ahí a mostra.


2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Este seguro que na bandexa traseira leva un canciño deses que abaneaban a cabeza con cada bache e un rosario feito de plaquetiñas xunto con un coxín vermello cun corazón bordado en verde.

En todo caso eu non sabía que o coche grande por dentro era o Fiat Uno; pensaba que -a pesar do difícil que era- ía ser un Simca-1000

Apertas do día de Nadal

Barreira dijo...

Querido Chousa. Pois a verdade na bandexa traseira levaba: MAIS SANTOS. Non lle chegaba cos de adiante.