viernes, 23 de octubre de 2009

Xustiza de risa

Somos capaces de coñecer a idade dunha alimaña fosilizada (que non fala) de centos e miles de anos. Con unha análise de ADN podemos distinguir a calquera persoa de entre todos os seus semellantes. Coñecemos o xenoma ao dedillo, ata o punto de crear un ser idéntico a outro.
E con todo isto non somos capaces de saber a idade dun mozo de 17 anos (ou de 19), que aínda está vivo, e que de momento fala.
Todo isto non deixaría de ser unha mera situación curiosa que nos permitiría rirnos do sistema xudicial que nos tutela.
Pero cando por este despropósito uns mariñeiros están secuestrados un dia mais e as súas familias non saben case nada de como se atopan, entón é cando un se cabrea.
Mentres os peritos analizadores de dentes cambian de opinión diariamente, e os xuíces pásanse a pataca coma se lles fora estourar nas mans, estamos a por en risco a vida dos nosos conviciños.
I eu digo: ¿si non se da sabido a idade do pirata polos dentes, non será mellor partirllos e que el mesmo diga a idade que ten? (método tradicional). I é que este método ás veces funciona e con un 100% de probabilidades de éxito.
Que alguén pense dunha vez nos secuestrados do Alakrana.
Foto: Atuneiro á deriva

11 comentarios:

brabido dijo...

Se che son sincero a edade do mozo importame tres carallos,como ti ben escribes os mandamais con isto queren tapar as penas que estan pasando os mariñeiros e mailas suas familias dia tras dia.

Se fose un barco yanqui xa estaba toda armada española en pé de guerra e navegando hacis Somalia triste pero e puta realidade.

Se nos non nos preocupamos dos nosos quen vai facelo foder.

Disculpa polo tono do comentario pero ae cousas que me ferven a sangre.

PRAADIANTE

zeltia dijo...

pois a min dame un pouco de medo vervos falar de romperlle os dentes dunha hostia,
ou de poñer a armada a navegar en pé de guerra, como dí o brabido arrebatado!
a ver
un pouco de sentidiño.

Chousa da Alcandra dijo...

Ben sabes que esa realidade actual que enfronta un saber tan milimétrico para unhas cousas e tan burdo para outras, a min ponme de moi mala uva.
Ás veces mesmo semella paradóxico e sorprendente que parezamos tan listos para unhas cousas e tan cazurros para outras. E cando nos metemos en vieiros xudiciais...a cousa ainda se lía moito máis.
O corpo tamén me pide arrearlle unhas lampreadas ó rapaz e que cante, ou que cante primeiro e arrearlle as lampreadas despois (sobre todo se canta mal); pero haberá que facelo "pola lei", que senón imos quedar moi mal diante da platea mundial.

E non te animas a facer un sorteiño dun libro galego ho?. Vai mirar no meu blog e anímante, anda)

Raposo dijo...

Home, o sistema teu é mais propio outras épocas e doutros rexímenes que oxalá non volvan, pero hai que recoñecer que efectivo si que é.

Carlos Sousa dijo...

E que todo o que toca a xustiza é desesperante. Chegou a un punto tan complicado que os xuices non queren mollarse e andan a reviravolta sempre, non vaia a ser...
Pero a efectos habería que ir cambiando a lei, a hora da verdade penso que da igual ter 17 que 19 (se para outras cousa é así, non sei porque non para un delito).

O que teño claro que me da moita pena que os mariñeiros e as familias esten a sufrir, mentras un rapaz se esté a burlar de toda unha sociedade, e a xustiza a darlle largas.

Artabria dijo...

Pode que esos piratas non teñan alternativa para poder sobrevivir.........non sei, o tema é complicado. O caso é que están facendo moito dano, así que, que máis da que teña 17 ou 18??? Xustiza!!!

Tampouco é que sexa un neno de 12 anos....

Merce dijo...

Oh Oh! pero ti que dis!!! como lle van dar unhas labazadas ao pobre do raparigo, non ves que ademais pode ser menor? :p

con licencia de pirata, si, esto tamen e ben certo...

Deixa que verás ti que ainda vai xurdir algun con barba branca e que diga que ten dazasete e medio...

Merce dijo...

esqueciame!!!

Biquiños

Logio dijo...

Eu penso que a idade do rapá é o de menos, que o que se está a facer mandando o pirata para arriba e para abaixo e gañar tempo.

Eni.g.ma dijo...

o caso é que os pobres siguen ali.

Anónimo dijo...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... runt placa - consultar runt - exito colombia - exito colombia - exito colombia