sábado, 2 de enero de 2010

¿Que é a felicidade?

Esta pregunta, fácil de facer e difícil de contestar, fixolla unha muller a unha periodista que foi a pasar con ela uns dias mentres lle facía unha reportaxe. Ela facía esa pregunta porque creia que nunca fora feliz, e se algunha vez o fora non se percatara de tal cousa.
A periodista non lle soupo contestar. Non sabía que dicir. Considerábase feliz pero non sabía cal era a receita para poder selo.
Esta pregunta, na que nós reparamos pouco, ela se a facia moitas veces durante o dia. Vivia nun pequeno poblado de Bolivia, separada e con cinco fillos que tiña que sacar adiante aos cales lles quería dar todo o que ela non tivera. A sua casa era moi pequena, cálida, a pesar dos moitos grados baixo cero do exterior nese altiplano boliviano.
E o seu medio de vida era a explotación dunha mina abandonada (porque xa non era rentable) que había naquel lugar. Non tiña outro xeito de vivir. Só había pedras arredor dela. Pasaba xornadas eternas a centos de metros baixo terra, extraendo pedras coa única axuda das suas escaralladas mans e sen ningún tipo de medida de protección de riscos laborais.
Todo para sacar uns pesos que, despois de pagar a electricidade para manter a calidez do fogar, e os estudos dos seus pequenos, tan so lle quedaba para poder ir unha vez ao mes á cidade mais próxima (tres horas en autobús) para poder ducharse en auga quente ela e mais os seus pequenos. Era un dia moi especial para eles. Tamén mercaban algunha comida que se poidera conservar fora dun frigorífico.
Ás veces tiñan unha visita nalquel inhóspito lugar. A do seu ex-marido i ex-pai, borracho e con aires amenazantes, que lles entraba na vivenda de noite porque a porta de entrada non tiña pechadura nin era blindada, perturbando os seus poucos intres de verdadeiro descanso.
Aquela muller que se preguntaba si algunha vez fora feliz, a pesar de sospeitar que nunca o fora, entre lágrimas, non dubidaba nadiña á hora de meterse naquela mina abandonada que en calquer momento podía enterrala en vida, co fin de sacar adiante á sua familia.
Non sabía vivir doutro xeito, nunca saira daquel lugar infernal, pero sabía que os seus fillos tiñan que estudar para poder escapar daquel lugar e ter a oportunidade de vivir felices. Con ese esforzo diario arriscaba a sua vida colocandoa nunha diana, sen saber mentres arrancaba coas uñas as entrañas desa mina, si voltaría a ver a eses fillos que tanto quería e polos que tanto loitaba.
Non era feliz porque non sabía o que era ser feliz. Porque ningúen lle dicia que era a felicidade.
¡Feliz ano 2010 para todos!




Foto: Mans en busca da felicidade.
Si queres ver o programa preme aqui.

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Moi seguramente se poñemos outras vidas para comparar coas nosas, habiamos variar o concepto de felicidade. O que pasa é que o listón súbese en función da altura das pernas do atleta...

Talvez a situación da nai boliviana que relatas fainos pensar que todos somos (ou debíamos ser) felices; pero eu chego á conclusión de que -para empezar a pensar na nosa propia felicidade- en modo algún podía existir na humanidade enteira situacións como a da nai boliviana.
Mentras eso non ocurre, seguiremos teatralizando a felicidade.

Joder! vaia discurso!.

Feliz 2010 compañeiro!!!!

Raposo dijo...

Na película "Bailando con lobos" de Kevin Costner o vello xefe indio Dez Osos dice que a súa idade o que mais lle gusta e aprecia é ter cerca un bo lume. Quizais a felicidade sexa eso, cousas pequenas, insignificantes para outros pero esenciais para nós.
Feliz 2010!!!

BRABIDO dijo...

Unha nai exemplar,supoño que a sua felicidade radica en lograr a meta de poder sacar seus fillos adiante coste o que lle coste.

Felicidade compañeiro

HADEX dijo...

Eu teño moi claro que minusvaloramos a felicidade de ter o que temos (non falo de cousas materiais, senón de saúde, amistade, amor....) Eu sí me paro moitas veces a pensar.....antres de queixarme de nada!!!

Paz Zeltia dijo...

o concepto de felicidade eu penso que é moi subxectivo, non significa o mesmo para cada un, ainda que parece que todos coincidimos nunha cousa: ten que haber un certo grao de benestar emocional.
a búsqueda da felicidade levamola todos dentro, a maioria de nós supoñemos que só se pode acadar por intres, que é un estado imposible de suxetar e de permanecer... pero tamén hai quen lle chama felicidade a ter saúde e falta de problemas graves.
tamén hai xente que busca a felicidade fora de si propio, en elementos externos, en outras persoas; así que a discusión segue entre os expertos en definir o concepto...

pero parece que o feito de ter unha motivación na vida,
un desexo,
un senso no que orientar a nosa actividade e as nosas expectativas,
da mais felicidade que o feito concreto de conseguilo... a consecución dos desexos anhelados dache unha felicidade tan curta que enseguida precisas orientar de novo a búsqueda doutra cousa...

a historia esa que contas ten elementos para que esa muller teña tamén os seus momentos de felicidade, e esa emoción básica que se precisa para manternos na b´recha de conseguila,

eu estou bastante de acordo con bertrand russell cando di que
ter falta das cousas que desexamos e un elemento indispensable para ser feliz.

Merce dijo...

Meu pai sempre me dicia que as persoas tiñamos o costume de mirar sempre para que tiña mais ca nos, e por iso nos sentimos infelices, e no nos damos conta de que hai que ten menos ca nos e envexa asi a nosa felicidade. En realidade o meu pai queria dicir que sempre nos parece que non nos chega o que temos, envexamos o dos outros sen reparar na felicidade ou as satisfacions que nos aporta o noso. Ti coñecialo e entendes a miña explicacion :)

Biquiños a todos :)

Carlos Sousa dijo...

A felicidade é tan relativa... Nunca se está contento co que se ten e máis dun sinte unha envexa que non o deixa ser feliz.

Casos coma este son os que nos deberían valer para saber o afortunados que somos.

Feliz 2010 Barreira.

Anónimo dijo...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... runt placa - consultar runt - exito colombia - exito colombia - exito colombia