miércoles, 4 de febrero de 2009

O poder da mente


Pouco sabemos do que é capaz de facer o cerebro, o gran ordenador xamais creado. Todos sabemos o valor que temos gardadiño dentro do noso cráneo, sin o cal non seriamos capaces de facer nada, nin siquera de vivir. Todo o funcionamento do noso corpo, forma de actuar, forma de pensar, etc. debemosllo ao noso cerebro. Aspectos conscientes e inconscientes do noso ser que é capaz de controlar a seu antollo.



¿Cantas veces quixemos saber o que pensaba outra persoa sobre un determinado tema?, ¿cantos segredos temos para nós e que se irán para a nosa tumba?, ¿cantas cousas queremos expresar dalgunha forma e non somos capaces de facelo?, ¿cantos soños temos e que non recordamos ao día seguinte?.



Pois ben, a resposta a todas estas preguntas está moi próxima, parece ser. Un grupo de científicos xaponeses acaban de visualizar nunha pantalla en que está a traballar un cerebro calquera. E dicir, si vemos algo ou si pensamos en algo o cerebro está a traballar para conseguir eso. Con esta máquina foron capaces de ver en que traballaba o cerebro e visualizar o que o cerebro estaba a "visualizar" nese momento.



Isto implica que con este ordenador poderemos ver o que esta pensando un cerebro, os segredos deixarán de ser segredos, os soños poderanse ver en FullHD, e poderemos grabar pensamentos e soños nun ordenador para poder reproducilos as veces que queiramos e cando queiramos.



Algo impresionante e ao mesmo tempo inquietante ao pensar ata onde pederemos chegar con esta tecnoloxía.



A explicación deste experimento fixose no programa de cuarto milenio que podedes ver neste video.



¿Como se vos queda o corpo?


Foto: ¿En qué estará pensando o can?


13 comentarios:

LM dijo...

guau guau?
beijos

Barreira dijo...

Carallo, i eu que estaba pensando en apuntar ao can como coelliño de indias. Pero xa non fai falla

Deambulando con Artabria dijo...

Que ben se está ao sol????

paideleo dijo...

Pois o corpo quédame a tremelicar co ese " adianto " do demo.
O can pensará: " Para que carallo me fará unha foto este tolo ?. "

Chousa da Alcandra dijo...

A min véñenme á mente tres pensamentos:

1) Non quero que ese chisme furrule

2) A cal dos dous cans te estás a referir?

3) Son japonudos estes cojoneses!

Barreira dijo...

Antes de nada aclarar que o can é o marrón e branco. A negra é cadela.
E decirlle a Chousa que o chisme ese funciona. O conto vai ser que utilidade se lle vai a dar, si é que se lle vai dar algunha.
E os cojoneses deberían facer un doce que lle chamaran "japonudos" en vez de facer estas cousas.

Cuspedepita dijo...

Ás veces penso que algunhas cousas merecía a pena que non fosen inventadas, pero a pesar do medo que me da este, agardo a ver que utilidade médica pode ter este invento, porque de momento só lle atopo pegas.

LM dijo...

e se apontamos a chousa como coelhinho de indias e deixamos o cam tranquilo ao sol...?
beijos

Barreira dijo...

LM,si Chousa quere podemos apuntalo, que sempre se presta voluntario para todo (ou case). De todos modos as imaxes dos seus pensamentos seguro que ían sair en cor verde e non branca.
Ti que dis Chousa??

Son Unha Xoaniña dijo...

E logo os japonudos non tiñan dabondo con facer fotografías de todos os museos e demais... que non hai sitio onde vaias que non atopes istes tipos facendo fotos,
senon que agora tamén queren fotografiar os pensamentos, ¡ai, que medo!
Bicos.

Paz Zeltia dijo...

bueeeeeno, todo lo que se diga en Cuarto Milenio, no es muy de fiar (quien se mueve en medio de charlatanes y farfulleros...)

Carlos Sousa dijo...

Ola! Fixen un novo descubrimento (e non foi a través de "Cuarto milenio"). Descubrín o teu blog a raíz do meme das comilonas. Eu tamén teño que facelo, un día destes póñome.

O do invento este, dame mala espiña. Unha, non creo que funcione tal e como din e outra, se funciona, mal asunto. Seguramente usaranno para facer mal.

Un saúdo dende Ponteareas

Raposo dijo...

Estame empezando a asustar o futuro que temos por diante. Hai inventos que nunca deberían funcionar.