martes, 17 de febrero de 2009

Á SGAE non lle chega co cánon


A avaricia desta xente non coñece límites. Intentan exprimir ao máximo o ministerio de cultura "progre". Aproveita hoxe que maña sabe Deus quen estará.

Tras conseguir unha das suas pretensións enseguida se poñen mans á obra para sacar adiante outra das suas grandes ideas para as suas arcas. Hai que recoñecer que iniciativa non lles falla.

E á cidadanía que lle den morcilla. Como dice meu avó "ande eu quente.........".

Pois iso, que unha vez consiguen poñer en marcha o abusivo cánon dixital, non lles é suficiente e agora pretenden controlar todo o que facemos en internet. A idea é que as operadoras, despois de avisarnos tres veces seica, nos van a cortar a conexión ou nos van a reducir a velocidade que temos contratada, e pola cal estamos a pagar todos os meses.

E a SGAE sigue a insistir, despois de que a UE dixera non a esta proposta, e despois de que varias sentencias digan que o uso de programas P2P non é delito, e a mesma fiscalía lles reitere que o compartimento de arquivos non é delito.

Temos o referente de Francia, según eles, onde derón de baixa as suas liñas ADSL sobre catro millons de abonados. Claro que nós somos dos últimos de Europa en número de fogares conectados. ¿Como poderíamos soportar ese número de baixas?.

Pois a resposta parece sinxela: menos ingresos para as operadoras, menos beneficios, e polo tanto, mais parados nese sector e a engrosar as listas do INEM. Parece que non é o mellor momento para reclamar medidas deste tipo, pero claro, a esa pandilla de egoistas a sociedade dalles igual mentres eles teñan os bolsillos cheos.

Iso sí, mentres forzan ao goberno amigo para que vaian a contracorrente e, o que é peor, contra toda a sociedade, menos eles mesmos, o cánon para, supostamente compensar esas actos non delictivos según a Xustiza, que creo recordar que é un poder do Estado, pero que según a SGAE si o son (que teñen mais poder que a Xustiza) sigue a engrosar as arcas desa pandilla de "chupopteros".

E siguen a esixir, aparte dese cánon, o pago de dereitos de autor por obras de autores aos que representan, de tal forma que están en posición de reclamar o pago de 518 euros a un grupo de discapacitados por representar obras de teatro nun festival benéfico. Eso sí que é ser progresista e o resto son caralladas, digo eu.
Pois eu sigo poñendo imaxes cuxa autoría creo que é miña pero polas cales teño que pagar eu á sociedade de autores polo CD que necesito para gardar. Asi que non se vos ocurra pagar a vós.


5 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

A min o da SGAE ponme de tan mala hostia que nin palabras teño........Que vaian a vivir do conto de outros e que nos deixen a cabeza tranquila.

Carlos Sousa dijo...

Moi ben explicado e totalmente dacordo. Canto máis lle paguen, máis canóns van a poñer. O de que che ralenticen a línea ou a corten xa é abusivo de máis.
Pois a loitar contra eles, se se pode. Un saúdo.

Barreira dijo...

Hai un refrán de castela que di: "El avariento,ni pobre ni rico está contento".

Paz Zeltia dijo...

jajaja, da gusto verte con esa carraxe!
quedarse quietos... só mortos!

LM dijo...

e se algum dia descobrem quem inventou o aire também nos vam cobrar por usa-lo?

beijos