miércoles, 10 de diciembre de 2008

Falemos do tempo

Din que cando non tes de que falar todo o mundo recurre ao tema do tempo. E ata debe ser certo, é unha forma de romper o xeo, de sacar un tema de conversa, ainda que sexa recurrente. Claro que últimamente ata nas noticias se fala do tempo, e non por cousa boa. Que si furacans, que si vagas de frio, que si sequías, que si nevadas repentinas coas que ninguén conta, que si gotas frias, etc. etc. etc.

Os investigadores, os mesmos que non son capaces de prever unha gran treboada unha semana antes pero son capaces de aventurar o que vai pasar co tempo dentro de cincuenta anos, din que estos climas extremos son debidos aos gases de efecto invernadoiro, encabezados polo CO2.

A UE acordou estes dias que para paliar os efectos destes gases no ano 2020 o 20% da enerxia producida sexa de caracter renovable (solar, eolica, hidraulica......), ou o que é o mesmo, non contaminante.

¿Que vai pasar ata que cheguemos ala?, ¿seguiremos botando merda ao ceo?, ¿e unha vez chegados que pasa co outro 80% restante?. Si é un problema de verdade deberíamos poñer todos os medios ao noso alcance para porlle freo, e coido que con horizontes temporais tan elevados e cunhos obxetivos tan pouco ambiciosos non se vai conseguir nada tendo en conta as previsións de cambio climático que se manexan.

Como se soe dicir, non hai peor cego que o que non quere ver (tamen vale o de non hai peor sordo que o que non quere oir). Creo que non hai un verdadeiro interese por arranxar o problema porque, como en case todo, o poder económico e o mais poderoso, e ninguen ten as suficientes tablas redondas para facerlle fronte dunha vez por todas e por os puntos sobre das íes, ven por intereses directos ou indirectos, ben por medo.

A clase política, quen ten a responsabilidade principal neste problema, non lle interesa por freo, e vamos encamiñados á destrucción do mundo no que vimivos, polo que nosos fillos ou netos non van a recibir un mundo coma o que nos deixaron a nós.

Fagamos, polo tanto, nós o posible e o que estea na nosa man para contaminar o mínimo: coller o coche só cando sexa necesario, reciclar a basura, non consumir auga sen xeito, calefacción a necesaria, etc. Todo o que fagamos, que parece moi pouco, vai a ser un grao de area que con outros moitos van a conformar unha morica, coa que xa se pode facer algo de proveito.

Pero non o fagamos para sentirnos ben. Fagámolo coa preocupación de que cando nos demos conta non teremos un lugar onde vivir. Nese momento o poder económico non será o primordial pero para entón xa será demasiado tarde.

Na imaxe un deses lugares fermosos e que nos empeñamos en destruir: Ezaro (costa da morte).

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Benquerido amigo Barreira. Canta razón tes en que non imos deixar o mundo que recibimos. Nese senso xa houbo quen dixo que o mundo que recibimos non é unha herdanza dos nosos pais; senón un préstamo dos nosos fillos.

Con todo, moito me temo que ese poder autodestructivo que vai dentro do ser humano, vai seguir adiante. No século pasado semellaba que iamos acabar con nós mesmos; agora -despois dunha "tremenda evolución" semella que decidimos acabar antes e fulminar o planeta.

Unha aperta (sin bico eh, que eses gardoos para as chicas namais)

---
Oes, e pediches lotería do folkAntas?. Cajonatós, para un ano que vai tocar e ti sin ela!. Apura que ainda estás a tempo

LM dijo...

e ainda há chegra o dia em que nom possamos falar do tempo...ao passo que vamos...
beijos