Din que a primaveira enche de vida o noso arredor, de cores vivas que atraen as nosas miradas e que nos alteran o sangue (a os alerxicos seguro que lles altera algo mais). Auga e calor únense para darnos todas esas pequenas cousas que existen a moreas ao noso carón e que moitas veces deixamos pasar inadvertidas porque non esta socialmente permitido que nos paremos a admirar todo o que nos rodea.
Quero neste recuncho rendir un tributo ao OUTONO, moitas veces esquencido, onde parece que languidece todo, que a morte se filtrea entre os vivos, e que invita á relaxación e o sosego cun amplo abanico de cores tonos pastel.
Cando todos poidamos disfrutar dos pequenos grandes momentos que nos da o mundo, a moreas, e a toda-las horas seguro que a crise atroz que estamos a padecer sería un mal menor, xa que a crise non sería tan atroz. I é que sabemos que canto mais arriba subimos de mais alto caemos.
Foto: Alameda de Santiago un dia de outono.
2 comentarios:
Amei o seu texto sobre o outono!
Aguardo sua visita no meu blog,viu?
Deixe um comentário também.
Bjs!
E tanto que si!!.
Ademáis, para que se cumpla o ciclo vital, as follas que hoxe van tecendo a manta volverán ser vitalidade!.
Estasme feito un poeta.
Publicar un comentario