Todavía estou a escoitar as palabras da Ministra de Cultura, ao pouco da sua toma de posesión, cando nos dicia a toda a sociedade que a finalización da guerra aberta entre internautas e sociedades xestoras de dereitos de autor pasaba por escoitar a todas as partes e chegar a unha solución consensuada. Non podía ser doutro xeito cando a carta de presentación do governo ZP é o talante.
Pois ben, dun xeito moi sutil e nun recunchiño (para ver si no-la colaban) do anteproxecto de lei de economía sostible, esa lei que pretende arranxar todos os nosos problemas dun plumazo, autorizase á propia ministra do consenso a que peche calquera web que vulnere algún dereito de propiedade intelectual, sin necesidade de orde xudicial.
Supoño que a estas alturas na SGAE estarán a facer unha boa festa, como marcan os cánones, os que cobran, claro.
E eu, que son moi ben pensado, estou CASE seguro de que, si esta iniciativa de lei vai adiante, os propios integrantes da SGAE (onde inclúo ata o porteiro e mailo apuntador) serán os primeiros en renunciar a todos aqueles ingresos que proveñen deses cánones, anteriormente citados, que surxiron pola ameaza que supuñan as novas tecnoloxias para o pan de todo-los, anteriormente citados, integrantes da SGAE (onde inclúo ata o porteiro e mailo apuntador), posto que esa ameaza xa non será tal e non se xustifica seguir cobrando por ditos conceptos.
Repito!!!. Eu son ben pensado. E se estivera errado entón seguirían sendo uns buítres carroñeiros, que comen toda a merda que lles facilita este governo tan talantoso.
XOVES 10 de OUTUBRO do 2024
Hace 4 días
11 comentarios:
É unha vergoña como se vende este goberno a certos sectores, ávidos de cartos. Aquí todo o mundo tivo que reinventarse para saír adiante (mira as axencias de viaxe....) Saen catro artistas á rúa e se forma esta pifostia....A miña parella paga 120 euros ó mes a SGAE. Como pretenden que compremos música???
Si, si......que bo pensado eres, jejej, ti sigue así.....
Pa algo tiña que servir a P.A.Z(Plataforma de Ayuda a Zapatero),
ou non compañeiro.
Un abrazo legal
E logo ti que tes en contra do porteiro e máis do apuntador ho?
O certo é que xa che vou conceder o título de azote da SGAE, con distintivo vermello e banda azul, con dereito de uso de capa en días de xeada e birrete dourado en noites de lúa chea. Dito queda. Amén
Apertas ulláns
paréceme moi grave. agora xa non precisamos xuices.
cal será a próxima liberdade que se nos poderá quitar sen tan siquera precisar un xuez que decida se é conforme á lei que se nos prive dela?
bueno pois, parece que o movimento de protesta, de momento, serviu para parar que a comisión de propiedade intelectual permita bloquear pax. que aloxen enlaces de archivos que teñan dereitos de autor...
(polo menos eso oín esta mañán: a ministra dixo que si, zapatero di que non -de momento-)
A palabra talante me repatea, tanto usala e ó final é o de sempre. Non sei como está o tema, o que é seguro é que SGAE non vai renunciar a nada, bos osn eles para facer iso...
Un pouco mais de talante oh!!!
;)
Oes, que rico estaBA o viño...
Haberá logo que ir mirar se chisca ben o ordenador da Barrela jajajajajaja
Supoño que non irá adiante semellante despropósito...
Hai moitas opinións sobre o tema, eu ata escoitei que toda esta polémica (a que estamos contribuíndo) só é unha estratexia do goberno...
bicos.
QUE PASES BOAS FESTAS
Publicar un comentario