jueves, 30 de abril de 2009

Premio



Por fin o meu blogue conqueriu un premio. Un deses que de vez en cando alguen che da e pasas media tarde facendo as tarefas que che mandan. Por fin, chegou o primeiro, i espero que non sexa o último (ja,ja esto digo con certo "recochineo").


E a quen lle teño que dar as miñas gracias mais sinceiras: a Carlos Sousa. Reputado comentarista e acompañante da blogosfera que todos coñecedes ben. Vindo del este premio para min xa ten a consideración dun Pullitzer.


En fin, como ben dice Carlos no seu blogue, dende Areas cara a Ponte, teño que facer unha chea de cousas para ser digno portador deste premio, a saber:





  • Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
  • Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
  • Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
  • Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
  • Publicar as regras.
  • Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.


Asi que vamos por orden: a imaxe, publicada; o nome do meu benefactor, publicado; as regras, publicadas. E blogues propostos por min e merecentes dun premio destas características, aos cales lles comunico a boa nova e mais hei de comprobar si cumpren as regras:


  • Chousa da Alcandra, que a imaxe do premio vaille a xogo co deseño do seu blogue
  • Artabria, que ultimamente deambula bastante
  • Mer, que deu coa clave da pandemia do século: é unha gripe.
  • Cuspedepita, pola boa sintonia e compenetración entre Galicia e Arxentina.
  • Avelaiña, que me gustan moito as suas historias.


..... e xa me cansei, raio. Que xa non debe quedar ninguén que non teña este premio.


Así que o resto de agraciados serán aqueles que non o teñan e lles apeteza telo. Deixádeme un comentario si o queredes, que non sabedes o que vos perdedes.

lunes, 27 de abril de 2009

Que nos depara o futuro?


O coñecemento do futuro en xeral, e do noso en particular, sempre é algo que esperta en nós grande interese, e ata pagamos porque alguén nolo diga. De ahí que moitos persoas se adiquen profesionalmente a iso. E digo profesionalmente porque o que sí fan é gañar diñeiro decíndonos o que nos vai pasar no futuro.


Todos temos gran interés. Pero cando falamos de cando imos morrer as cousas cambian. Ante a fecha da nosa morte, si é que alguen a sabe, tapamos os oidos. I e que vivir sabendo cando imos morrer cambiaría os nosos actos dun xeito radical.


Pero si hai alguén que teña interés en saber a fecha da sua morte aquí vos mostro o "Test da Morte", sitio web que contestando a unhas sinxelas preguntas vos dirá canto vos queda de vida, ou o que é o mesmo, que día ides a morrer.


Non deixa de ser un sitio web curioso, pero hei de admitir que a miña curiosidade está a loitar co feito de non querer saber a fecha da miña morte. Polo tanto ainda non fixen o test, pero ao mellor un dia destes igual o fago. A ver si alguén se atreve.

jueves, 23 de abril de 2009

Un computador para todos



O governo ten entre mans un ambicioso plan para facilitar un ordenador a cada cativo de educación primaria. A idea é ir acabando paulatinamente co emprego de libretas, blocs e incluso cos libros de texto, que parece ser que se van a dixitalizar para poder consultalos en liña.


Supoño que a posta en marcha e a sua efectiva implantación será costosa, tanto en recursos materiais como humanos, e suporá a implicación de moitos sectores, pero a idea é fantástica.


Conseguir que os cativos teñan como principal ferramenta de traballo un ordenador permitiralles ter acceso a unha cantidade de información enorme en tempo record. Pero non somentes se trata diso. Tratase tamén de educar aos cativos con un ordenador na man, de modo que se acostume o alumno a empregar o computador con xeito. Trátase de educar dentro de internet igual que se educa para interactuar co mundo real. Educar para viaxar polo mundo virtual.


I eso considero que é esencial para un futuro no que internet formará parte da vida cotiá como si de comer se tratara. Felicidades pola iniciativa.

Foto: Libros impresos en papel, ¿teñen os dias contados?



http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=33056

lunes, 20 de abril de 2009

Cadeas



Os eslabóns dunha cadea, entrelazados uns con outros, unen as suas forzas de xeito que o resultado final é maior que a resistencia da suma de todos eles.


Por tanto o emprego de cadeas é moi util para aproveitar os efectos multiplicadores do seu uso. Cadeas de producción multiplican os productos que de alí saen. Cadeas de montaxe permiten ensamblar pezas a velocidade de vértigo. Cadeas humanas permiten realizar tarefas precisas que apuran o desenlace das mesmas dun xeito organizado.


Pero tamén se empregan para pechar cousas que non se queren volver a abrir. Na cadea pechamos a xente durante un periodo de tempo largo que non queremos que saia. Con cadeas reforzamos unha pechadura para que non sexa aberta.


E romper estas cadeas faise moi complicado. Precisanse unhas tenazas e moita forza para abrir aquelo que se quere pechar. Quitar un deses eslabóns implica romper a cadea, implica abrir o que esta pechado, implica maior axilidade mental e maior marxe de maniobra, implica acadar a liberdade.


Entón ¿para que se queren as cadeas?.


Foto: Rompe as cadeas, se podes

lunes, 13 de abril de 2009

Berlusconi



Teño tantas cousas que dicir deste home que xa non sei por onde empezar. O verdadeiro terremoto que ten Italia, con perdón, é este home á fronte do seu governo.


E precisamente, a raiz do terrible terremoto que sufriron os habitantes de L'aquila, aparece o cinismo deste home que non ten límites.


Fora mellor que non se presentara na zona do seismo, porque as suas palabras foron certamente desafortunadas. Solo a un home da sua clase se lle ocurre dicir á xente que ve como toda unha vida se ve reducida a unha morea de escombros que se tomen eso como "si estiveran un dia de camping". Como se lle nota que non foi a sua casa a que desapareceu.


Debeu ser que lle resultaba moi caro enviar a todos os damnificados a hoteis da costa para ir á praia, como xa apuntara, e decidiu facer da zoa cero un camping.


Ou ante o ofrecemento da comunidade internacional de axuda de medios técnicos ou económicos para facer que o trance dure o menos posible, a sua resposta non podia ser outra que non. "Somos un país rico e non nos fai falta axuda de ninguen". En todo caso, para arranxar as igrexas, dixo.


Pois as igrexas que as arranxe o Vaticano. O primeiro é levantar as casas de todos os que estan de camping para que poidan rematar as vacacións forzosas ás que se viron sometidos polo seu presidente.

Foto: Camping a la italiana

sábado, 4 de abril de 2009

Don Emilio Calatayud Perez

Emilio Calatayud Perez, dito así seguro que a moi poucos lles soa quen é, pero si lle engadimos que exerce como xuiz de menores en Granada entón seguro que moitos de vós xa sabedes de quen falo.


É o xuiz que dicta exemplares sentenzas cun único obxetivo: que o menor non volva a cometer ningún delito porque de verdade dase conta da gravidade do que fixo. Co único obxetivo de conquerir unha verdadeira reinserción dun menor que está en proceso de desenrolo dunha personalidade para o futuro. Como dice él "si a xustiza de menores funciona como debe, estaremos disminuíndo a xustiza de mañá".


Considera que o pilar esencial dunha sociedade é a educación das novas xeracións, e cre que educando aos nenos non será necesario castigalos de maiores. Os delitos cometidos por maiores son o resultado de malas prácticas educadoras na infancia.


Por enriba de todo isto, de que estemos dacordo cos seus pensamentos ou coas suas medidas, é un home que ve a xustiza de menores como un medio para facer ver ou facer entender. Cada caso precisa dunha sentenza única, baseada no sentido común. Non cre na xustiza que funcione coma as porcas parideiras que cando paren botan 12 ou 15 cochos uns detras doutros e todos iguais.


Como en case todo na vida, o sentido común debe ser un referente, e por desgracia cada vez empregase menos. De ahí a crise na que estamos inmersos no mundo capitalista, e dandolle pé a un réxime dictatorial como o comunismo cubano para berrar que razón tiñan. ¡Uns dictadores dándonos clases de como debe funcionar a sociedade!.


Insisto, a falla de sentido común levanos sempre a extremos, e para min os extremos nunca son bos. Á xustiza pasalle o mesmo. Temos unha xustiza vengativa, cuadriculada, na que se olvida que se está a xulgar persoas, onde a lei se convirte nun fin e olvídasenos que é un medio. Que a lei debese interpretar dentro de cada caso concreto. Por iso nos atopamos a persoas que rouban miles de millons e que estan na calle porque se pagan a sua liberdade, e a persoas que rouban unha barra de pan para poder levarse algo á boca metidos en chirona. A xustiza parece un caixeiro automático: "a sua sentenza, grazas. Caso cerrado", e pasamos páxina.


O sr. Calatayud, independentemente de que estemos dacordo con él ou non, analiza cada caso como o que é. E dicir, un rapaz que fixo algo malo, que o tivo que facer por algo, que é unha persoa que comete errores, pero que tamen os pode correxir ou sobrepoñerse a eles; e a lei é un medio para conquerir isto.


Para min é o exemplo de como deberiamos obrar todos, tendo en conta as nosas conviccións e mantendo o sentido común como referente.


O xuiz Calatayud soe rematar as suas intervencións públicas co "Decálogo para formar a un delincuente", do cal é o autor, e unha poesía de Martin Niemoeller. Eu vou a rematar este post con eles:




DECÁLOGO PARA FORMAR A UN DELINCUENTE




  1. Empece dende a infancia a darlle ao fillo todo o que lle pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro lle pertence.


  2. Non se preocupe pola sua educación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.


  3. Cando diga "palabrotas", riallas. Isto animarao a facer cousas cada vez mais graciosas.


  4. Non lle regañe nin lle diga que algo do que fai está mal. Podería crearlle complexos de culpabilidade.


  5. Recolla todo o que él deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes, etc. Asi acostumarase a cargar a responsabilidade sobre os demais.


  6. Deixelle ler todo o que caia nas suas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estén esterilizados, pero non de que a sua mente se encha de porcallada.


  7. Reña a miudo co seu conxuxe en presencia do seu fillo. Así a él non lle doerá demasiado o dia en que a familia, quizais pola sua propia conducta, quede destrozada para sempre.


  8. Delle todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia a sospeitar que para dispoñer do mesmo é necesario traballar.


  9. Satisfaga todo-los seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e maila austeridade poderían producirlle frustracións


  10. Poñase da sua parte en calquer conflicto que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuizos contra seu fillo e que de verdade queren fastidialo.


POESÍA DE MARTIN NIEMOELLER, pastor protestante alemán.



"Cando os nazis viñeron a buscar aos comunistas, gardei silencio, porque eu non era comunista.



Cando encarcelaron aos socialdemócratas, gardei silencio, porque eu non era socialdemócrata.



Cando viñeron a buscar aos sindicalistas, non protestei, porque eu non era sindicalista.



Cando viñeron a buscar aos xudeus, non protestei, porque eu non era xudeu.



Cando viñeron a buscarme a mín, non había ninguén mais que puidera protestar."