A primavera xa chegou, a revolucionarnos o sangue. As terminacións nerviosas están a cen. Pero para quen non sinte nada distinto coa chegada da primavera aquí tedes un listado de productos encende-mistos, que, tal vez, nos axuden a quentar os pes e outras cousas. Empregados como ingredente ou condimento, en infusión, etc. poden chegar a subir a temperatura varios grados.
- Esparragos e gengibre: os primeiros estimulan o aparato xenital e o segundo aumenta a potencia sexual. Xuntos forman unha combinación explosiva.
- Perexil e brecol: dous elementos perfectos para preparar ensaladas especiais. E si refogas o brecol con allo e perexil a líbido subirá varios peldaños.
- Trufa: en pequenas proporcions esperta todos os sentidos (dixen todos)
- Clavo: unha especie de olor e sabor forte i estimulante, con fama de erotizante. Empregala como condimento ou botala en viño (a alguns pode chegarlle solo o viño)
- Comino e pementa: para subir a temperatura de calquer prato. A roupa sobrará en poucos minutos.
- Salvia, romeu e tomiño: dan un toque amoroso aos alimentos. En infusión son un bon tónico.
- Aguacate: un magnifico estimulante. Con guacamole e picante pode ser explosivo.
- Froitos secos: En moitos pobos sirvense nas bodas para garantir unha apasionada noite de bodas.
- Apio: Mezclado con remolacha potenciase o seu efecto. Ollo, porque con leituga da gañas de durmir.
- Mariscos: Ostras, cigalas, gambas, almexa, nécora. O seu valor monetario básase no seu poder afrodisiaco.
- Platanos: Muy rico en potasio e outros minerais, son perfectos para repoñer forzas tras un encontro sexual.
- Pólen: é un dos afrodisiacos mais potentes pero debese tomar ao menos durante catro ou cinco dias antes. En consonancia, o seu efecto dura uns cantos dias despois.
- Fresa: axuda a relaxar os organos sexuais femeninos e melloran o coito.
- Dátiles: aumentan o desexo e a enerxia sexual. Froito indispensable para lances amorosos.
- Coco: estimula a líbido, sobre todo o seu zumo.
- Canela e vainilla: afrodisiacos clásicos, tanto en rama como en polvo (ja)
- Menta: aumenta o vigor sexual.
- Piña: ten un toque afrodisiaco xa que estimula o sistema nervioso.
Asi que si vos atrevedes a mezclar estes productos coa chegada da primavera, avisade, polo que poida pasar.