jueves, 19 de febrero de 2009

Guionizador para o galego

Non. O guionizador non é ningun aparato médico. Tratase dun software que nos indica onde temos que por os guions no noso idioma.
E util para xente coma min, que empregan a cotío o galego, pero que non somos capaces de seguir o ritmo dos normalizadores do galego.
Así podemos escribir dun xeito mais parecido ao galego normativo e depaso imos aprendendo algo mais.
Si credes que estades no grupo dos galego-falantes no que eu me atopo e pensandes que vos pode ser útil, podedes ver o seguiente vínculo da web de Mancomun, onde se explica o funcionameno e mais incluso se pode descargar.
http://www.mancomun.org/novas/mancomun.org/regras-de-guionizacion-para-o-galego-2.html

martes, 17 de febrero de 2009

Á SGAE non lle chega co cánon


A avaricia desta xente non coñece límites. Intentan exprimir ao máximo o ministerio de cultura "progre". Aproveita hoxe que maña sabe Deus quen estará.

Tras conseguir unha das suas pretensións enseguida se poñen mans á obra para sacar adiante outra das suas grandes ideas para as suas arcas. Hai que recoñecer que iniciativa non lles falla.

E á cidadanía que lle den morcilla. Como dice meu avó "ande eu quente.........".

Pois iso, que unha vez consiguen poñer en marcha o abusivo cánon dixital, non lles é suficiente e agora pretenden controlar todo o que facemos en internet. A idea é que as operadoras, despois de avisarnos tres veces seica, nos van a cortar a conexión ou nos van a reducir a velocidade que temos contratada, e pola cal estamos a pagar todos os meses.

E a SGAE sigue a insistir, despois de que a UE dixera non a esta proposta, e despois de que varias sentencias digan que o uso de programas P2P non é delito, e a mesma fiscalía lles reitere que o compartimento de arquivos non é delito.

Temos o referente de Francia, según eles, onde derón de baixa as suas liñas ADSL sobre catro millons de abonados. Claro que nós somos dos últimos de Europa en número de fogares conectados. ¿Como poderíamos soportar ese número de baixas?.

Pois a resposta parece sinxela: menos ingresos para as operadoras, menos beneficios, e polo tanto, mais parados nese sector e a engrosar as listas do INEM. Parece que non é o mellor momento para reclamar medidas deste tipo, pero claro, a esa pandilla de egoistas a sociedade dalles igual mentres eles teñan os bolsillos cheos.

Iso sí, mentres forzan ao goberno amigo para que vaian a contracorrente e, o que é peor, contra toda a sociedade, menos eles mesmos, o cánon para, supostamente compensar esas actos non delictivos según a Xustiza, que creo recordar que é un poder do Estado, pero que según a SGAE si o son (que teñen mais poder que a Xustiza) sigue a engrosar as arcas desa pandilla de "chupopteros".

E siguen a esixir, aparte dese cánon, o pago de dereitos de autor por obras de autores aos que representan, de tal forma que están en posición de reclamar o pago de 518 euros a un grupo de discapacitados por representar obras de teatro nun festival benéfico. Eso sí que é ser progresista e o resto son caralladas, digo eu.
Pois eu sigo poñendo imaxes cuxa autoría creo que é miña pero polas cales teño que pagar eu á sociedade de autores polo CD que necesito para gardar. Asi que non se vos ocurra pagar a vós.


miércoles, 4 de febrero de 2009

O poder da mente


Pouco sabemos do que é capaz de facer o cerebro, o gran ordenador xamais creado. Todos sabemos o valor que temos gardadiño dentro do noso cráneo, sin o cal non seriamos capaces de facer nada, nin siquera de vivir. Todo o funcionamento do noso corpo, forma de actuar, forma de pensar, etc. debemosllo ao noso cerebro. Aspectos conscientes e inconscientes do noso ser que é capaz de controlar a seu antollo.



¿Cantas veces quixemos saber o que pensaba outra persoa sobre un determinado tema?, ¿cantos segredos temos para nós e que se irán para a nosa tumba?, ¿cantas cousas queremos expresar dalgunha forma e non somos capaces de facelo?, ¿cantos soños temos e que non recordamos ao día seguinte?.



Pois ben, a resposta a todas estas preguntas está moi próxima, parece ser. Un grupo de científicos xaponeses acaban de visualizar nunha pantalla en que está a traballar un cerebro calquera. E dicir, si vemos algo ou si pensamos en algo o cerebro está a traballar para conseguir eso. Con esta máquina foron capaces de ver en que traballaba o cerebro e visualizar o que o cerebro estaba a "visualizar" nese momento.



Isto implica que con este ordenador poderemos ver o que esta pensando un cerebro, os segredos deixarán de ser segredos, os soños poderanse ver en FullHD, e poderemos grabar pensamentos e soños nun ordenador para poder reproducilos as veces que queiramos e cando queiramos.



Algo impresionante e ao mesmo tempo inquietante ao pensar ata onde pederemos chegar con esta tecnoloxía.



A explicación deste experimento fixose no programa de cuarto milenio que podedes ver neste video.



¿Como se vos queda o corpo?


Foto: ¿En qué estará pensando o can?