jueves, 25 de diciembre de 2008

Bon Nadal e Bon Aninovo


Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo.

Bon Nadal i feliç any nou!

Zorionak eta Urte Berri On!

Boas Festas e um Feliz Ano Novo.

Happy Christmas and a Happy New Year.

Joyeux Noël et Bonne Année!

Fröhliche Weihnachten und ein glückliches Neues Jahr!

Zalige Kertfeest.

Buon Natale e Felice Anno Nuovo.

Pax hominibus bonae voluntatis.

lunes, 22 de diciembre de 2008

Que Deus nos guie!


Nunca tanto significado tivo a famosa frase, que ata se coloca nos parasoles dos camións, coma no vehiculo da imaxe. Un autentico "altar movil" que deixa pequeno o "papamovil". O GPS nesta caso consegue a sua maxima expresión posto que de verdade quen nos guia xa non é o conductor porque xa non ve a estrada con tanta cousa. Será Deus e mais todos os santos quen nos guien, e falta facera toda a axuda para chegar a bon porto.

Coido que na proxima reforma do codigo penal xa se vai incluir como delito o xesto de facer o sinal da crus mentres se conduce. A dubida agora mesmo está en saber cantos puntos nos van sacar.
Por si alguen non se deu conta o coche é un Fiat Uno, vehiculo pequeno por fora pero grande por dentro. E ahí a mostra.


miércoles, 10 de diciembre de 2008

Falemos do tempo

Din que cando non tes de que falar todo o mundo recurre ao tema do tempo. E ata debe ser certo, é unha forma de romper o xeo, de sacar un tema de conversa, ainda que sexa recurrente. Claro que últimamente ata nas noticias se fala do tempo, e non por cousa boa. Que si furacans, que si vagas de frio, que si sequías, que si nevadas repentinas coas que ninguén conta, que si gotas frias, etc. etc. etc.

Os investigadores, os mesmos que non son capaces de prever unha gran treboada unha semana antes pero son capaces de aventurar o que vai pasar co tempo dentro de cincuenta anos, din que estos climas extremos son debidos aos gases de efecto invernadoiro, encabezados polo CO2.

A UE acordou estes dias que para paliar os efectos destes gases no ano 2020 o 20% da enerxia producida sexa de caracter renovable (solar, eolica, hidraulica......), ou o que é o mesmo, non contaminante.

¿Que vai pasar ata que cheguemos ala?, ¿seguiremos botando merda ao ceo?, ¿e unha vez chegados que pasa co outro 80% restante?. Si é un problema de verdade deberíamos poñer todos os medios ao noso alcance para porlle freo, e coido que con horizontes temporais tan elevados e cunhos obxetivos tan pouco ambiciosos non se vai conseguir nada tendo en conta as previsións de cambio climático que se manexan.

Como se soe dicir, non hai peor cego que o que non quere ver (tamen vale o de non hai peor sordo que o que non quere oir). Creo que non hai un verdadeiro interese por arranxar o problema porque, como en case todo, o poder económico e o mais poderoso, e ninguen ten as suficientes tablas redondas para facerlle fronte dunha vez por todas e por os puntos sobre das íes, ven por intereses directos ou indirectos, ben por medo.

A clase política, quen ten a responsabilidade principal neste problema, non lle interesa por freo, e vamos encamiñados á destrucción do mundo no que vimivos, polo que nosos fillos ou netos non van a recibir un mundo coma o que nos deixaron a nós.

Fagamos, polo tanto, nós o posible e o que estea na nosa man para contaminar o mínimo: coller o coche só cando sexa necesario, reciclar a basura, non consumir auga sen xeito, calefacción a necesaria, etc. Todo o que fagamos, que parece moi pouco, vai a ser un grao de area que con outros moitos van a conformar unha morica, coa que xa se pode facer algo de proveito.

Pero non o fagamos para sentirnos ben. Fagámolo coa preocupación de que cando nos demos conta non teremos un lugar onde vivir. Nese momento o poder económico non será o primordial pero para entón xa será demasiado tarde.

Na imaxe un deses lugares fermosos e que nos empeñamos en destruir: Ezaro (costa da morte).

miércoles, 3 de diciembre de 2008

As facilidades do progreso

A velocidade coa que as novas tecnoloxias nos invaden é abrumadora. Facilitannos moitas tarefas cotians, e somos incapaces de vivir sin estes aparellos. ¿Imaxinadesvos unha vida sen movil 3G con UMTS, 5MP e 1 GB?, ¿sen televisión de 32, LCD, FULL HD, dolby surround?, ¿sen unha camara de fotos REFLEX con ISO 1600, 58mm, tarxeta SD, formato RAW?, ¿sen unha Breadman na cociña que so lle hai que dicir que queres comer e ela faino para hora que ti desexes e sen rechistar?, ¿como escribiría eu estas liñas sen un ordenador 1,8 Mgz, 2Gb RAM, HD 320 Gb, WIFI, Bluetooth, lector SD?, ¿sen DVD, BlueRay, Playstation, WII, Parrot, e un largo etcétera de cousas modernas?.

Dificil vivir sen estas cousas, verdade?. Parece incrible que nosos pais puideran vivir sen nada disto e moito mais felices que a a xeración do "corre corre que te pillo", ou a de "tonto o último", que ven a ser o mesmo. E curioso ver como con tanta cousa moderna non somos nin capaces de disfrutar delas porque como nos fan todo tan rapidiño e tan ben non nos podemos parar a disfrutar desas cousas tan feitiñas.

E ata somos capaces, como dice un bon amigo meu, de descifrar o xenoma completo da mosca e sen embargo ainda teñen que pinchar cunha agulla o demo de grande a un pequecho para porlle unha vacuna.

Tecnoloxía dirixida e interesada que nos leva a cunha velocidade que asusta non sabemos cara onde, pero que nos leva cara un lugar ao fin e o cabo.

¿Será ese lugar un sitio mellor?; ¿chegaremos algún dia a disfrutar de todo o que nos rodea moito mais que o facían nosos pais con todos estes trebellos?, ¿algún dia non se precisará da man human para ningunha terefa porque as máquinas faceran todo por nos?, ¿seremos entón tan inutiles?. Mentres nos diriximos a ese lugar descoñecido que cada quen disfrute, mentres poida e o tempo llo permita, claro.

Polo de pronto eu permitome disfrutar dunha imaxe conseguida cun destes trebellos modernos. Claro que hai quen pensa que como ver "in situ" o resultado dunha fotografía nada que se lle pareza. Sobre todo tendo en conta que si o disfrutamos "in situ" é que temos tempo para facelo; e tempo é o que nos falta.
Foto: Suxerente imaxe que se disfruta mellor "in situ", e mais se eres o comensal que está diante do prato.