¿E que carallo é un yottabyte?. Fácil; un yottabyte é igual a 1024 zettabytes; un zettabyte é igual a 1024 exabytes; e un exabyte é igual a 1024 pettabytes; un pettabyte é igual a 1024 terabytes (esto xa me soa algo); e seguro que todos sabedes que un terabyte é igual a 1024 gigabytes. E dicir, un yottabyte equivale a 1.000.000.000.000.000 GB (ainda que me de vergoña dicilo, prometo que non son capaz de pronunciar de viva voz esta cifra).
Mirade o astronómico deste cifra que todos os discos duros de todos os ordenadores domésticos do mundo non chegarían, todos xuntos, a unha capacidade de 1 zettabyte.
Imaxinade un mundo no que todas as conversacións a través dun movil do mundo poideran ser almacenadas e ainda sobrara sitio para gardar fotografias por satélite de cada un dos nosos movementos.
Visto así casi da gañas de botarse a temblar, pero non me neguedes que non se trata dunha forma de colonialismo ben moderna. Para que logo digan que o tamaño non importa.
Foto: ¿Cantas pombas farían falla para transmitir un yottabyte de datos?