lunes, 23 de noviembre de 2009

Cuestión de tamaño

Hoxe vin unha nova que chamou poderosamente a miña atención e que vos paso a relatar. A NSA (Axencia de Seguridade Nacional de EE.UU), algo así como o CNI español, planea contruir un enorme centro de procesamento para almacenaren os datos das suas investigacións i espionaxe de telecomicacións. Ese centro tería unha capacidade, nada mais e nada menos, que de un Yottabyte.
¿E que carallo é un yottabyte?. Fácil; un yottabyte é igual a 1024 zettabytes; un zettabyte é igual a 1024 exabytes; e un exabyte é igual a 1024 pettabytes; un pettabyte é igual a 1024 terabytes (esto xa me soa algo); e seguro que todos sabedes que un terabyte é igual a 1024 gigabytes. E dicir, un yottabyte equivale a 1.000.000.000.000.000 GB (ainda que me de vergoña dicilo, prometo que non son capaz de pronunciar de viva voz esta cifra).

Mirade o astronómico deste cifra que todos os discos duros de todos os ordenadores domésticos do mundo non chegarían, todos xuntos, a unha capacidade de 1 zettabyte.

Imaxinade un mundo no que todas as conversacións a través dun movil do mundo poideran ser almacenadas e ainda sobrara sitio para gardar fotografias por satélite de cada un dos nosos movementos.

Visto así casi da gañas de botarse a temblar, pero non me neguedes que non se trata dunha forma de colonialismo ben moderna. Para que logo digan que o tamaño non importa.
Foto: ¿Cantas pombas farían falla para transmitir un yottabyte de datos?

12 comentarios:

Raposo dijo...

Eu nesas cifras pérdome pero o que teño claro é que cada vez estamos mais controlados, seguramente mais do que pensamos.

BRABIDO dijo...

Arredemo,almacenar,xa me estou imaxinando.O paisano nº 77777777 donde estibo as 22:30 do dia 24-11-2009?.Resposta:No concierto dun tal Sabina.

Nos vamos a estar mais que controlados o carallo e quen controla a eles.

Todo despexado

HADEX dijo...

Sen embargo eu sigo amando as novas tecnoloxías....o que non quero que ninguén saiba non o digo por estes medios, non publicito as cousas da miña vida que quero que permanezan privada.....o resto compénsame, sempre.

Bicossss

Deambulando con Artabria dijo...

Medo da un pouco.....eso sí, pero supoño que se se utiliza ben, pode ser útil......

Zeltia dijo...

buff, e eu que xa flipo co google maps que o podo poñer xustiño diante do portal da miña casa e verlle a matrícula do coche que sempre me fode o sitio de aparcar eu!

bueno, e como é a regulamentación do uso do chisme ese?

Carlos Sousa dijo...

Nada, pensalo da medo, seremos uns números, controlarannos... pero como di Hadex, sempre haberá currunchos para falar en privado. (ou tamén nos van implantar un chip deses...? xa non se sabe donde iremos parar).

Suso Lista dijo...

mecaghonaconaqueoscaghou, que cousas mais ghrandes hai no mundo!!. Joooder!

Chousa da Alcandra dijo...

Por moitos tentaranbytes que lle poñan ó bicho ese, nunca será capaz de apreciar o fermoso que é un pétalo dunha rosa nin as sensacións que se perciben cun bico.
Eso sí, listo será listismo; pero non deixa de ser un ferregancho.
(Máis que nada é por joder, xa que mandar manda moito carallo)

vermella dijo...

pois vai a ser certo iso de que o "saber" non ocupa lugar.....
perdínme co tanto yotabyte.

fgul dijo...

caraaaallo!! Que terá esa información que tanto lles gusta!!

Cuspedepita dijo...

Non te preocupes que alguén inventará un virus ou algo así e chafará o invento.

De todas maneiras da vértigo pensar nestas cantidades ! E a min lémbrame a sensación que sentín daquela que empezaron a falar da rede de redes...¡Uiiii, que vella voooou! ;-)

Merce dijo...

1.000.000.000.000.000 GB non sei onde os meteria, pero 1.000.000.000.000.000 euros :))) eu teño onde gardalos eh?

Bicos